Un salto histórico para Noia

Noia vai ter a a maior inversión da súa historia grazas ó compromiso do Presidente Touriño e da Conselleira Mª José Caride.

No 2009 licitarase a construcción da variante de poboación que circunvalará o núcleo urbano da vila.

O goberno de Galicia fixo público o pasado xoves a súa decisión sobre o trazado da variante de poboación de Noia. Será polo interior, con vocación de vertebrar o territorio e reducir o impacto ambiental preservando a nosa ría.

Atrás quedan moitos meses de traballo, de estudio das alegacións dos veciños e veciñas, reunións e visitas para ver a posibilidade de introducir melloras na proposta inicial recollida no estudio informativo.

Creo que é importante destacar o traballo realizado polas entidades e colectivos sociais de Noia así como polas persoas que dende fai anos levan defendendo a necesidade de vertebrar o territorio e poñer a Noia no mapa das comunicacións respectando o medio ambiente e os nosos recursos mariños.

Fixéronse moitas aportacións por parte do actual goberno municipal e estas recóllense nalgunhas das melloras introducidas, o que contribúe a reducir os impactos negativos e afectar ó menor número de veciños. Nos vindeiros días daranse a coñecer máis detalles e seguramente poidan visualizarse moito mellor as citadas melloras.
Non quero tampouco esquecerme da importante tarefa dos concelleiros/as do Grupo Municipal Socialista, que sempre estiveron apoiándonos para sacar adiante esta importante infraestructura.

Singularmente quero destacar o papel do compañeiro Rafa, do alcalde, Rafael García Guerrero. Xuntos, vivimos con este proxecto moitas experiencias e situacións que non se nos olvidarán de seguro, foron moitas xuntanzas de traballo coa Consellería de Política Territorial e sobre todo foi e é unha aposta pola ilusión de que Noia non se resigne, de que Noia dea o salto, de preparar Noia para ser unha nova cidade, con boas comunicacións e aberta ó mar … conseguir que Noia sexa un espazo singular cunha gran calidade de vida.

Penso que a tarefa non rematou, seguramente queda moito traballo por facer, algúns atrancos por superar, pero chegado este punto, estou seguro que non ten retorno e que camiñamos con paso firme para seguir construindo ilusións e soños. Esto é para o que sirve a política, construir ilusións e cambiar o mundo.

Non podo esquecerme doutro compañeiro, Luis Vázquez, secretario xeral da Consellería de Política Territorial, sin o cal esta historia seguramente se escribiría doutra maneira. Luis aguantounos moitos días no seu despacho, soportou as nosas peticións, as nosas propostas, …. Luis é unha gran persoa e un magnífico político.

Estou convencido que esta infraestructura xunto ó corredor Brión-Noia e a autovía Brión-Santiago, serán auténticos motores do crecemento económico para a nosa bisbarra.

Os socialistas asumimos nas pasadas eleccións autonómicas e municipais un compromiso con Noia e cos noieses, e dende a nosa presencia na Xunta de Galicia e no Goberno municipal de Noia pasamos das palabras as decisións firmes.

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa confianza

 

 



4 comentarios para “Un salto histórico para Noia”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>