2009 Autovía do Barbanza

Mércores, 15 de Outubro de 2008 | 17:08

O ano 2009 será o ano da Autovía do Barbanza. Despois de moitos anos agardando que se rematara co “corredor da morte” no que se convirteu a vía rápida do Barbanza, o Presidente Touriño anunciou esta semana unha noticia longamente esperada polos cidadáns da bisbarra do Barbanza.

En Xaneiro do 2009 poderemos dispoñer desta ansiada infraestructura que suporá un salto cualitativo nas posibilidades económicas e sociais das poboacións de Arousa Norte e Sar, pero tamén un salto importante na mellora da seguridade vial.

Non fará falta recordar que a mal chamada “vía rápida” tiña o récord de ser  a única estrada de altas prestacións que contaba con varios paneis recordando o número de persoas fallecidas nesta estrada que unía Padrón con Ribeira.

En Xuño do 2005 durante un acto de campaña electoral en Ribeira tiven a sorte de compartir con Emilio Pérez Touriño o compromiso dos socialistas coa comarca do Barbanza. Daquela dixemos que cando chegaramos á Xunta de Galicia a nosa comarca tería en catro anos a autovía que viñamos reivindicando dende facía moito tempo.

Tanto no ano 1997, no 1999, no 2001 e no 2003 , os dirixentes do Partido Popular na Xunta de Galicia prometeron, prometeron e prometeron unha autovía para o Barbanza. A realidade é moi tozuda, co PP na Xunta o Barbanza tivo promesas, feitos ningún, 0 metros de autovía.

Hoxe, podemos decir que os socialistas cumplimos unha vez máis coa palabra dada, e nunha soa lexislatura (2005-2009) na Xunta de Galicia o Barbanza contará coa ansiada autovía.


Xuntanza de bloggers socialistas

Mércores, 15 de Outubro de 2008 | 8:55

Hoxe imos a xuntarnos os “bloggers” socialistas galegos.  A “familia socialista” na rede vai medrando e permite unha maior presencia e difusión das ideas e valores do socialismo democrático. Tamén é unha boa oportunidade para seguir abrindo espazos de participación política e social e recoller propostas e suxerencias para a aplicación de políticas públicas no ámbeto local.

A xornada de hoxe non é a culminación de ningún proxecto senón o comezo dunha nova etapa de traballo político e social do PSdeG na rede.

O 11º Congreso Nacional do PSdeG  celebrado o pasado mes de xullo é un bo punto de partida para impulsar novas formas de participación política e apuntalar o activismo en internet, onde o socialismo galego aspira a ter unha importante presencia.

A vindeira campaña electoral en Galicia será un bó termómetro para comprobar a relevancia das novas formas de comunicación política dentro dos Partidos.

Se hoxe botamos un ollo á campaña electoral en USA podemos observar a importancia da rede na relación cos cidadáns e na transmisión de mensaxes e propostas por parte dos candidatos e dos seus equipos.


Felipe González, lección maxistral

Domingo, 5 de Outubro de 2008 | 20:10

Aqui vos deixo unha lección maxistral da política e da vida. O mestre é Felipe González, un home irrepetible.


Lei de Pesca, un compromiso co sector pesqueiro

Domingo, 5 de Outubro de 2008 | 14:10

Comezamos no parlamento a tramitar o proxecto de Lei de Pesca de Galicia. É o resultado dun longo proceso de participación social na elaboración desta normativa básica de ordenación do sector pesqueiro galego e que rematará cun feixe de leis vixentes ata o de agora.

Trátase de simplificar a burocracia existente, dotar de novos e mellores mecanismos de xestión dos recursos pesqueiros ós traballadores do mar e ás empresas do sector.

O proxecto de lei é o resultado dun compromiso co sector pesqueiro que se plasmou no noso programa electoral e tamén no programa de goberno acordado cos socios nacionalistas.

Sería bó que o Partido Popular abandonase a súa posición “tremendista” e achegase propostas para buscar un acordo no parlamento que posibilitase un amplo acordo beneficioso para o sector pesqueiro galego. Sería unha sorpresa agradable que os responsables do PP mudaran a súa política de confrontación e algarabía por outra constructiva á par que crítica como corresponde a calquera grupo de oposición.

A nova lei recolle as reivindicacións históricas que o sector pesqueiro galego viña demandando dende fai máis de 10 anos. É unha lei feita escoitando a moitos colectivos e organizacións, xustamente o contrario do que sucedeu coa actual lei de pesca aprobada no ano 1993 con maioría absoluta do PP. Daquela fíxose de costas ós problemas do sector e sin darlle participación na súa elaboración.

A lei contempla unha clara aposta de futuro onde a investigación ten un peso fundamental, así como a promoción de novas fórmulas de xestión nas zonas costeiras gallegas, na liña dos obxetivos do Fondo Europeo de Pesca, ou a promoción da loita eficaz contra a pesca ilegal.

Este proxecto normativo fuxe do intervencionismo, aposta pola cooperación entre as agrupacións de profesionais e a administración e elimina inxustas discriminacións que existían na normativa de 1993 aprobada coa maioría absoluta do PP.


mirando pola ventana do mar

Domingo, 3 de Agosto de 2008 | 23:14


Descubrindo Redes (Ares)

Sábado, 2 de Agosto de 2008 | 21:53

 

Hoxe estiven no porto de Redes (Ares) vendo o desembarco vikingo dos veciños de Río Castro (Fene), co seu alcalde á cabeza. Gustoume Redes, está moi coidado, gardando os elementos característicos dunha vila mariñeira. Pasamos unha tarde agradable e disfrutei da tranquilidade de Ferrolterra, da ría de Ares e do seu mar en calma.

Pola mañá fomos de Noia a Ferrol. Chegamos sobre as dúas da tarde para comer cos nosos amigos Xaime e Mela, o seu fillo Xaime e máis Iván e Marta. Foi o primeiro día de tranquilidade, de semi-vacacións (espero poder tomarme uns días a partir do 10 de agosto) … Fomos a comer ó restaurante “O Pincho” e quedamos moi satisfeitos, tanto da cociña como da atención do persoal, recoméndovos que pasedes por alí si visitades Ferrol.

Agora está poñéndose o sol e en Canido (Ferrol) só se escoita o silencio.


Loli Rodríguez Amoroso (XSG) no Congreso do PSdeG

Mércores, 30 de Xullo de 2008 | 20:33


A Nova Executiva Nacional do PSdeG

Mércores, 30 de Xullo de 2008 | 11:39

COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL GALEGA

Secretario Xeral
Emilio Pérez Touriño

Vicesecretario Xeral
Ricardo Varela Sánchez

Secretaria de Organización
Mar Barcón Sánchez

Sª de Economía e Territorio
Mª José Caride Estévez

Sª de Liberdades Públicas e Dereitos Cidadáns
Beatriz Sestayo Doce

Sº de Política Institucional e Relacións Parlamentarias
Antón Louro Goyanes

Sº de Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible. Sº Provincial de Ourense
Manuel Vázquez Fernández

Sº de Estudios e Programas
Abel Losada Álvarez

Sº de Política Municipal
Xaquín Fernández Leiceaga

Sº de Igualdade
Laura Seara Sobrado

Sª de Políticas Sociais
Adoración Fernández González

Sª de Emigración
Marisol Soneira Tajes

Sº de Política Rural
Darío Campos Conde

Sº de Formación
José Manuel Lage Tuñas

Sº de Educación
Guillermo Meijón Couselo

Sº de Cultura
Francisco Cerviño González

Sº de Innovación e Novas Tecnoloxías
Carlos Pajares Vales

Sª de Pesca
Carmen Gallego Calvar

Sª de Sanidade e Consumo
Marga Martín Rodríguez

Sº de Deporte e Lecer
Iván Puentes Rivera

Sº Provincial de Pontevedra
Modesto Pose Mesura

Sº Provincial de A Coruña
Moisés Rey Martínez

Sº Provincial de Lugo
Luis Ángel Lago Lage

Vogais
José Antonio Dono López
Bernardino Rama Seoane
Yoya Neira Fernández
Dolores Rodríguez Amoroso
Lara Méndez López
Dolores Villarino Santiago
Teresa Facal Castro
Alfredo García Rodríguez
Vicente Irisarri Castro
Francisco Rodríguez Rodríguez
Verónica Marcos Arrojo
Sonia Verdes Gil
Iván Vaqueiro Gradín
Dulcinea Aguín Pombo
David Regades Fernández


Touriño elexido secretario xeral no XIº Congreso Nacional

Martes, 29 de Xullo de 2008 | 19:48


Pepe Blanco no XIº Congreso Nacional do PSdeG

Martes, 29 de Xullo de 2008 | 19:27