Un paso máis: licitado o 2º tramo do corredor Brión-Noia

Os socialistas estamos apostando por situar a Noia de xeito estratéxico no mapa das comunicacións de Galicia. Hoxe o Diario Oficial de Galicia publicaba a licitación do segundo tramo do corredor Brión-Noia (tramo Martelo-Noia-Ponte de Ceilán).

O goberno de Touriño está planificando i executando infraestructuras por valor superior ós 200 millóns de euros na conexión de Santiago con Noia, no corredor Brión-Noia e nas variantes de Noia e Outes

Coa licitación do tramo Martelo-Noia avanzamos de xeito decidido para completar a conexión de Santiago con Noia e coa ría a través dunha vía de alta capacidade.

É indiscutible que esta infraestructura situará definitivamente a Noia de xeito estratéxico no mapa das comunicacións, ademais de ser un claro exemplo da firme aposta dos socialistas por vertebrar o país con estradas sen peaxe.

A posibilidade de que se poida desdobrar demostra que o goberno galego traballa con planificación e pensando no futuro.

Quero recordar que coa chegada dos socialistas á Xunta de Galicia modificáronse os proxectos orixinais da nova infraestrutura Brión-Martelo-Noia para conferirlle características de corredor de xeito que no futuro poida ser desdobrado en autovía, o que aforrará costes futuros, tanto no plano financieiro como na tramitación administrativa.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>