A Coruña retira a simboloxía franquista

Nas últimas horas o alcalde da Coruña anunciaba a retirada da simboloxía franquista existente na cidade.

Creo que é unha decisión que sigue os pasos dados xa polas Cortes Xerais na anterior lexislatura (cabe recordar a entrada en vigor en xaneiro pasado da lei da memoria histórica) e que axudará a eliminar determinados símbolos ou escudos que aínda figuran en recordo ou homenaxe dos golpistas do ano 1936.

É difícil entender a comprensión dalgúns cara este tipo de simboloxía. Alguén entendería que en Alemania ou Italia se exaltaran con monumentos ós nazis ou ós fascistas? eu non.

Penso que a decisión do alcalde Losada de Aspiazu é correcta, en liña co que temos defendido os socialistas en moitos foros e institucións.



9 comentarios para “A Coruña retira a simboloxía franquista”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>