…será tan difícil?


Dende o pasado martes ata onte xoves tivo lugar a sesión de investidura á que concurría Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidente da Xunta de Galicia.
Na miña opinión o Sr. Feijóo fixo un discurso correcto nas formas pero carente de ilusión, diría que falou máis como un conselleiro-delegado dunha empresa que como candidato á Presidencia do noso país.
Presentouse como un tecnócrata que fuxe das ideoloxías para dar respostas vagas, inconcretas e carentes de profundidade á hora de enunciar as liñas estratéxicas do seu proxecto político para Galicia.
“Menos política y más administración es la fórmula del despotismo ilustrado que enarbolan tantos reaccionarios”. Esta cita da primeira época de Vicente Risco foi utilizada polo voceiro dos socialistas galegos para definir o discurso aparentemente desideoloxizado do Presidente do PPdeG.
Creo que o discurso do compañeiro Fernández Leiceaga estivo ben estructurado, foi sólido e riguroso, poñendo o acento na situación de crise económica que vive a sociedade, pero tamén facendo fincapé na protección do litoral e nas políticas públicas de benestar.
Ábrese unha nova etapa na política galega e seguramente un novo ciclo onde xa non serán válidos os latigillos e muletillas características dos últimos vintecinco anos. Unha nova xeración se abre paso no exercicio do poder autonómico, queda por ver si dende a esquerda política e social se fai unha análise acertada do sucedido o 1 de Marzo e sobre todo queda pendente a construcción dun novo proxecto socialista con vocación maioritaria que volva a ilusionar á esquerda e responda ás demandas da sociedade galega.
Tempo teremos de seguir compartindo éstas e outras reflexións.
Hoy he dedicado el día a la reflexión, el descanso, la meditación, y también he aprovechado para leer algunos artículos y entrevistas en los periódicos.
Permitidme que os recomiende un par de entrevistas, una la que le hacen a Cándido Méndez, secretario general de UGT y que publica el diario El País y donde el sindicalista reivindica que “Hay que subir los impuestos a los ricos” y otra que encontrareis en el suplemento Magazine de El Mundo y que tiene como protagonista a Jaume Roures, Presidente de Mediapro.
También me han resultado de interés los siguientes artículos: “La venganza del exceso” escrito por Paul Krugman en el suplemento Negocio; “Diputados a tiempo parcial” de Joaquín Prieto, insertado en el suplemento Domingo, ambos del diario El País, y “Ambición insatisfecha” de Xavier Batalla, publicado en el diario LaVanguardia.
La derrota electoral del 1-M en Galicia sigue deparando noticias sobre los procesos internos de las dos formaciones políticas que hemos perdido el Gobierno, predominando éstas sobre las reflexiones de presente y futuro que tenemos que hacer desde la izquierda para construir un proyecto mayoritario para la sociedad gallega.
Creo que es un tremendo error que nuestras reuniones y deliberaciones internas hayan sido objeto de noticia en la prensa gallega de los últimos días, por su falta de interés para la sociedad y porque en nada ayudan a afrontar el proceso congresual que culminaremos los socialistas gallegos el próximo 25 de Abril.
Lo fundamental en estos momentos es trabajar en la construcción de un nuevo proyecto socialista que aspire a convertirse en la gran referencia de la izquierda, donde los militantes y simpatizantes del PSdeG sean una pieza fundamental para conectar con las aspiraciones de la mayoría de la sociedad gallega.

Asina o manifesto na páxina de sumandoideas
Os socialistas galegos debemos facer unha profunda reflexión sobre a mensaxe que a cidadanía de Galicia nos transmitiu o pasado 1-M, e ao tempo dar un paso adiante.
Facelo esíxenos lembrar e defender os avances acadados nestes catro anos, pero tamén recoñecer e emendar os erros cometidos na nosa acción política.
Non debemos esquecer que máis de medio millón de galegas e galegos depositaron a súa confianza no proxecto dos socialistas de Galicia. Merecen atopar en nós un novo camiño e unha proposta maioritaria, de presente e de futuro, que canalice as inquedanzas dunha parte moi importante da sociedade galega.
Esta confianza tamén nos esixe un esforzo encamiñado a consolidar e aumentar o apoio recibido, a ensanchar e converter ao PSdeG-PSOE nun partido maioritario, forte e con grande presenza na sociedade galega, representativo da maioría social do noso país.
Para isto necesitamos facer unha serena pero profunda renovación das estruturas organizativas e do modelo de partido, co obxecto de facer posible a extensión e penetración do PSdeG no conxunto do territorio e nas redes sociais e económicas de Galicia, estando presente en tódolos ámbitos da sociedade galega e potenciando o papel dos/as militantes socialistas, da súa participación interna e externa, como verdadeiros activos do noso proxecto político. O PSdeG ten que ser un bo reflexo da maioría social deste país.
Como primeiro paso aspiramos a fomentar un debate de ideas e propostas de cara ó Congreso Extraordinario do 25 de Abril, onde teñan cabida a autocrítica e a discrepancia, pero afastándonos de actitudes cainitas e sen permitir que a dereita marque os nosos debates e a nosa axenda política.
Queremos facer do PSdeG un partido forte, sen complexos, asentado nos valores do socialismo democrático cun proxecto autónomo. Ser a referencia galega da esquerda, alí onde se ubican milleiros de cidadás e cidadáns do noso país que cren na liberdade, na igualdade, na solidariedade e na xustiza social.
A través deste manifesto pretendemos promover o debate e o contraste de alternativas. Facemos un chamamento á participación colectiva de toda a militancia e da cidadanía para fortalecer un proxecto socialista que se asente na defensa coherente e decidida dos principios e os valores progresistas que vertebran o conxunto das democracias avanzadas.
Para nós falar do socialismo galego equivale a defender unha sociedade cunha universal igualdade de oportunidades, independentemente das nosas diferentes orixes sociais; plena liberdade para exercelas, suprimindo todas as barreiras que as impiden ou dificultan; e coa férrea xenerosidade e solidariedade de todo o País cando a oportunidade deriva en dificultade.
O socialismo e o galeguismo son e seguirán sendo referencias ideolóxicas esenciais do PSdeG e das que deben partir as políticas e propostas da nosa acción política.
A defensa dos servizos públicos ten que ser unha prioridade, facendo posible unha sanidade pública que compatibilice a atención sanitaria de calidade cos dereitos de atención ao paciente e apostando por unha educación pública de calidade, nun país no que o ensino sirva para acadar unha sociedade libre, crítica, con sólidos valores democráticos e altas oportunidades de progreso.
Falamos dunha educación pública na que as bolsas favorezan a igualdade de oportunidades e na que o relevante non sexan a vestimenta que leven as nenas e os nenos no centro escolar, senón a calidade da educación que reciben.
Unha Galicia políglota, na que se eduque aos nosos fillos/as en galego e castelán, garantindo o coñecemento e correcto uso de ambas linguas ó rematar o ensino obrigatorio e aberta á incorporación de terceiras linguas. Un País sen divisións entre iguais nin imposicións e onde a nosa cultura sexa unha importante oportunidade de proxección exterior.
Queremos unha sociedade cunha envexable calidade democrática, con regras de xogo claramente definidas na relación dos responsables políticos cos poderes económicos e na regulación transparente das axudas públicas ó mercado da información e da comunicación, onde a reforma dos medios públicos de comunicación sexa unha prioridade política e social.
Conseguilo require dun partido mellor conectado coa sociedade: capaz de incorporar as voces e as vontades progresistas presentes na sociedade civil, e onde a militancia, o maior activo do noso proxecto político, asuma maior protagonismo e impulse o partido co seu traballo, a súa capacidade e a súa ilusión.
Pola gran responsabilidade que o tempo nos depara, para cumprir coas expectativas postas na labor de oposición e para sermos alternativa crible de goberno, necesitamos de experiencia e renovación. Temos que asumir como propias as novas realidades sociais, sumar a achega da valiosa experiencia institucional que o noso partido atesoura e facer efectiva a incorporación das xeracións máis novas.
É a hora de ofrecerlle á sociedade galega un proxecto socialista maioritario e renovado, un proxecto ilusionante, que marque novas metas para transformar a fondo Galicia. É a hora de traballar todos xuntos, unidos, sumando ideas para o socialismo galego!
Que comece o debate!
Galicia, 11 de marzo de 2009
Penso que despois do resultado das pasadas eleccións ó parlamento de Galicia é o momento de reflexionar sobre o sucedido e formular propostas de presente e de futuro sen esquecer a máis de medio millón de cidadáns que deron o seu apoio ó Partido Socialista.
Deixo dous apuntes aquí: primeiro, a necesidade de analizar os erros cometidos comezando pola nosa propia responsabilidade; xa que flaco favor fan aqueles que primeiro buscan en casa allea responsabilidades e culpas sen antes facer a autocrítica necesaria.
E unha segunda reflexión a compartir: é imprescindible máis que nunca facer do Partido Socialista unha organización con máis peso na sociedade galega, dándolle ós militantes e simpatizantes maior importancia e máis papel na tarefa política e social dun partido de esquerdas.
Moito ánimo para tódolos militantes, simpatizantes e votantes do PSdeG-PSOE porque temos ilusión e ganas de ganar o futuro dende un proxecto socialista para Galicia.

Os cidadáns decidiron mandarnos ós socialistas á oposición e darlle ó Partido Popular a maioría absoluta do parlamento o 1 de Marzo de 2009. É a democracia, unha persoa un voto.
Primeiro quero darvos as gracias a todas e todos os que confiachedes co voso voto nas nosas propostas e no noso proxecto político, e ós que non o fixéchedes e optáchedes por outras opcións decirvos que espero que poidamos ofrecervos novas propostas para poder contar co voso apoio algún día.
Os socialistas imos a ter que traballar máis e mellor para correxir os erros que cometemos nestos anos e revitalizar o socialismo galego con maior proximidade ós electores e facendo da militancia a principal referencia do PSdeG. Un partido sociailsta con estructuras fortes e presente no territorio e nas redes sociais estará en condicións de conformar un proxecto político para a maioría social de Galicia, sen complexos de ningún tipo, e afirmando os principios e valores clásicos do socialismo democrático.
Este vídeo no es sólo la reproducción de una canción de Sabina, es un buen ejemplo de la conexión de Patxi con la juventud y de su cercanía