O Presidente do goberno de España vén de defender diante da Asamblea Nacional(Francia) o modelo social europeo. É unha mostra máis dos pasos que está a dar ZP na procura de recuperar o tempo perdido.
Dixo entre outras cousas que ” de tódolos modelos sociales e políticos que ten construido o home, a Unión Europea, é o que ofrece máis liberdade e igualdade”.
Ademais fixo fincapé no obxecto do compromiso socialista coa cidadanía, no que nos leva a moitos a participar en política. O estado non é algo a demonizar é un instrumento de organización e convivencia que debe contribuir a fortalezar os proxectos individuais e colectivos dos cidadáns. das persoas.
ZP dixo “Pero, además, los ciudadanos sólo son fuertes si tienen educación, si tienen salud, si tienen trabajo, si están protegidos frente a los avatares de la vida o si su dignidad no está a la albur de las fuerzas ciegas de la sociedad o del sistema económico. Por eso creemos en el Estado social y, como creemos en una ciudadanía social y en la necesidad de fortalecerla, comprendemos la importancia que reviste una gestión rigurosa y eficaz de los asuntos públicos en el marco de una economía que deseamos equilibrada y competitiva.”
ESPAÑA COMO ESTADO PLURINACIONAL
Se algo explicita con moita claridade o cambio que se viviu en España dende marzo do 2004 é o compromiso coa pluralidade, coa diversidade, tamén coa cohesión social e cos dereitos das persoas. Pero que mellor mostra da nova forma de entender España que ten un presidente do goberno que a seguinte frase pronunciada diante dos parlamentarios franceses:
“La España del castellano es grande, pero lo es más sumada a la España del catalán, del gallego y la del euskera; la España democrática, la España constitucional, es inseparable del valor de la diversidad y del respeto a su ejercicio cotidiano por todos.”
Quen non queira ver os cambios é porque ten cegueira política pero España cambiou en pouco tempo, por talante e por talento, por respecto que non tolerancia, xa que son duas cousas diferentes, por recoñecemento das identidades dende un punto de vista incluínte e non excluínte. Ben, non estamos nun Estado ideal pero ese estado se construe tódolos días tamén, e o construimos os cidadáns, e o conxunto da sociedade.
Podedes ver o discurso de ZP completo no apartado de materiais ou facendo click aquí.
Galicia quere cambio de goberno
E o que nos queda por diante. Mañá poderemos falar dunha enquisa sobre o noso País.
Avanzovos un feito incostestable e que pon en evidencia algo do que vos veño falando dende fai algunhas semanas: O 60.6% dos entrevistados considera que Galicia necesita un cambio de goberno.

