Zapatero=1.722 millóns para Galicia nos orzamentos do 2007

 mar de Galicia

O proxecto de orzamentos xerais do Estado para Galicia contempla unha inversión de 1.722 millóns de euros, en linea coa demanda que temos feito dende o PSdeG e dende a presidencia do goberno de Galicia.

 ZP cumple o seu compromiso de inversión no noso País, destacando de xeito moi especial o impulso que terán as infraestructuras e vías de comunicación proxectadas, ó contar con grandes partidas no proxecto de orzamentos que vén de presentar o vicepresidente económico, Pedro Solbes no Congreso dos Deputados.

As inversións do Estado medran nun 13% con respecto ó ano anterior. No que vai de lexislatura o goberno do PSOE destinou a Galicia máis do doble do que destinara o PP no conxunto dos anteriores catro anos de mandato de Aznar e Rajoy.

 A inversión por habitante en Galicia supera nun 28,5% á media estatal, o que supón un cambio radical con respecto a actuación dos anteriores gobernos. Seguro que algúns aínda farán demagoxia a conta destos orzamentos, pero como a política se mide polos feitos e polos valores e conviccións, hai que decir que os feitos son moi teimudos, e a inversión do Estado en infraestructuras alcanza o 8% do PEIT.

Os valores e as conviccións dos socialistas mídense polo gran compromiso social destes orzamentos, con incrementos sustancias no eido educativo, na investigación e na axuda ós dependentes.



3 comentarios para “Zapatero=1.722 millóns para Galicia nos orzamentos do 2007”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>