… o venres compartía contigo unhas horas… parece que foran días… cumprías trece anos …
Foron horas intensas, fermosas … onde puiden disfrutar da túa amizade, da túa compañía, do teu descaro, da túa frescura … da túa intelixencia … do teu bo corazón … e das ganas que tes de comerte o mundo.
Yaiza, … eres esencia pura da Costa da Morte … en ti xúntanse a beleza das praias de Carnota e a harmonía que aporta a posta de sol no faro de Fisterra …
Agardo que este sexa o comezo dunha gran amizade.



yaiza escribiu:
Pra min tamén foron unhas hora intensas, largas e bonitas… pero sobre todo foron unhas das horas máis agardadas da miña vida.
Lage, non só creo que esto sea o comezo dunha gran amizade, se non que creo que esto será o comezo de algo que non terá fin.
unha aperta moi grande de:
yaiza canosa ferrio
LU escribiu:
Qué fermoso!! Encántanme os comezos!! é moi bonito ver cómo a xente vai forxando amizades, cómo nos descubrimos uns ós outros e cómo o valoramos.
A verdade é que este ano estou a decrubrir novas acepción da amizade, e estou encantada…
lage escribiu:
Lu, penso que forxar amizades, descubrirse uns ós outros, compartir determinados momentos, enriquecenos a todos e todas. Mais nun mundo no que todo vai a toda máquina, e ás veces non nos paramos moito a pensar …a compartir … a discutir … a reflexionar …
sangardel escribiu:
Hacía 12 años que no te veía Yaiza, te conocí siendo un bebé, y te vuelvo a ver hecha una mujer.
Espero que te vaya muy bien la vida.
Un saludo.