
Hoxe imos a xuntarnos os “bloggers” socialistas galegos. A “familia socialista” na rede vai medrando e permite unha maior presencia e difusión das ideas e valores do socialismo democrático. Tamén é unha boa oportunidade para seguir abrindo espazos de participación política e social e recoller propostas e suxerencias para a aplicación de políticas públicas no ámbeto local.
A xornada de hoxe non é a culminación de ningún proxecto senón o comezo dunha nova etapa de traballo político e social do PSdeG na rede.
O 11º Congreso Nacional do PSdeG celebrado o pasado mes de xullo é un bo punto de partida para impulsar novas formas de participación política e apuntalar o activismo en internet, onde o socialismo galego aspira a ter unha importante presencia.
A vindeira campaña electoral en Galicia será un bó termómetro para comprobar a relevancia das novas formas de comunicación política dentro dos Partidos.
Se hoxe botamos un ollo á campaña electoral en USA podemos observar a importancia da rede na relación cos cidadáns e na transmisión de mensaxes e propostas por parte dos candidatos e dos seus equipos.


eliberal escribiu:
Boa iniciativa. Os blogues son, por definición, un novo medio de expresión no que a política tamén ten que dispoñer do seu espazo. Os socialistas acertan na súa estratexia de servir de pulo a este tipo de iniciativas.
Aconsello por interesante, desde un punto de vista didáctico os seguintes blogues:
http://www.bastaya.org/www2/habitual.php
de Rosa Díez
ou
http://www.albertrivera.es/?language=es
de Albert Rivera