Xornadas Mobilización Dixital

 

O sábado participei nunha interesante iniciativa dos socialistas coruñeses: unha xornada sobre a mobilización dixital e o papel da rede na comunicación política.

Tiven a oportunidade de contar a miña experiencia persoal coa creación dun espazo propio de comunicación coa cidadanía e fixen fincapé nun aspecto que me parece fundamental destacar: internet non é unha moda, é unha realidade.

Non será posible participar en política nos vindeiros anos sin ter un espazo na rede onde comunicar e debatir cos cidadáns, un espazo dende o que informar e onde poder recoller as críticas, as suxerencias, as propostas … etc

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, na clausura das Xornadas, tamén fixo fincapé na importancia da rede e aproveitou para dar a coñecer unha iniciativa de voluntariado progresita a través de internet para difundir as ideas e mensaxes da esquerda social e política para apoiar o proxecto socialista.

Na xornada participou a candidata socialista ao Congreso, Carmen Marón e contou tamén coa participación de Antonio Hernando e Mariano Moreno, da estructura federal do PSOE, así como coa do avogado e bloger José Luís Prieto e co representante de XSG-A Coruña, Adrián Pérez de Castro.

Aproveito a ocasión para felicitar á miña compañeira Mar Barcón polo traballo que están desenvolvendo na Agrupación Socialista Coruñesa e tamén os impulsores e artífices destas Xornadas, José Antonio e o seu equipo.



Un comentario para “Xornadas Mobilización Dixital”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>