Comezan o día 28 a partires das sete e media da tarde e celebraránse na Área Panorámica de Tui. Vai por diante a miña felicitación á Agrupación Local de Tui do PSdeG-PSOE, e de xeito moi especial a Manuel Freiría e a Carlos Guerra, pola organización destas xornadas sobre a política municipal.
O sábado 29, e ó fío do debate aberto neste verán sobre a realidade urbana e metropolitana de Galicia, o conselleiro de Presidencia e Administracción Pública, José Luis Méndez Romeu falará sobre As Áreas Metropolitanas (dinamismo social e territorial).
Agardo que a actividade desta fin de semana sexa de proveito.



modesto escribiu:
gracias polas felicitacións das xornadas de tui.Es bun crack, estás en todo
lage escribiu:
Ola Modesto, a verdade é que considero que este tipo de iniciativas son unha oportunidade para aqueles que teñen responsabilidades na política municipal pero tamén para os cidadáns de a pé que se interesan polo seu concello.
un saúdo