O vindeiro sábado 6 de maio, a organización xuvenil dos socialistas galegos vai celebrar unha xornada no concello de Cerceda na que se abordarán as políticas medioambientais en Galicia.
A necesaria implicación dos concellos no deseño e implementación destas políticas públicas será un dos eixos temáticos ó igual que a xestión e o saneamento dos recursos hídricos nos propios concellos.
Unha boa ocasión para fornecer o traballo medioambiental das mocidades socialistas pero tamén un bó momento para introducir propostas para mellorar a xestión ambiental nos concellos galegos a través das Axendas 21.

