Xornada de Mobilización Dixital en Pontevedra

Hoxe, en breves momentos, vou participar nunha Xornada de Mobilización Dixital organizada polo PSdeG na cidade de Pontevedra (Café Moderno) e que ten por obxecto impulsar a presencia en Internet das organizacións locais e d@s afiliad@s da provincia pontevedresa.

A presencia dos socialistas galegos na rede é un paso máis para dar a coñecer as nosas ideas e difundir as nosas accións.

É fundamental a presencia dos representantes políticos na Rede para manter unha comunicación directa cos cidadáns e permitir maior cercanía dos representantes ós representados.

Hoxe damos un paso máis para facer chegar a nosa mensaxe, os nosos valores, o noso pensamento.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>