
Acabamos de rematar fai escasas horas un intenso congreso nacional do PSdeG-PSOE. Creo que fixemos un bo congreso, debatimos en liberdade como queremos organizarnos para dar respostas a moitos cidádans e colectivos de Galicia e aprobamos resolucións políticas que mellorarán a vida das persoas.
Quero aproveitar a ocasión para felicitar polo seu traballo ós traballadores, ós compañeiros da sede nacional, facéndolles un claro recoñecemento á súa valía e esforzo. Onte o decía o amigo Iván na súa intervención no plenario, e eu súmome á súa intervención destacando a importante tarefa que desenvolven no día a día. Están fóra dos focos e das cámaras, pero son auténticos protagonistas do Congreso Nacional porque sin eles todo tería sido moito máis complicado.
Grazas, compañeiros, compañeiras, ….
amigo … creo que algún día alguén recoñecerá todo o que levas feito. Quero darche as grazas por estar sempre aí e por coidar de min, como ese irmán maior que sempre me axuda a non perder de vista de onde vimos e cara onde vamos, e sobre todo me axuda a ter os pés na terra. Grazas, Blas!


Rubén Boullón escribiu:
Compañeiro Lage, enhoraboa pola tua entrada na nova dirección do partido en Galicia. A tua apreciación sobre os compañeiros/as que han traballado moito para que poideramos facer un gran Congreso dos/as socialistas galegos.
Vinte moi emocionado onte cando cantabamos a internacional, eso gustoume moito.
Un saudo compañeiro dende A Coruña.
Dani escribiu:
Noraboa Lage, animo co traballo de formación.
Saudos.
Tamara escribiu:
A forza de Galicia puido facer honra ó seu nome pola Forza do Pino, jejeje
Compañeiras e compañeiros…cada un das e dos delegados que estivemos nesta xuntanza quedamos en débeda co voso traballo.
Graciñas mil.
E lage…
… a delegación das XSG estaba en pé para saúdar a túa entrada na EN…
…porque cremos en tí.
Diego escribiu:
Parabéns polo gran traballo que fixestes para que saíra tan ben este 11 Congreso Nacional do PSdeG. Alégrome moito pola elección de Lage para e Executiva Nacional Galega. Os meus parabéns compañeiro.
nieves lema escribiu:
Agora que xa pasou un día dende o noso Congreso estaba a pensar daqueles comezos en Xuventudes , naquel Congreso en Santiago…. o tempo, loitar por esa utopía, hoxe que eses soños sexan realidades!.
Noraboa amigo.Apertas
Blas escribiu:
Grazas a ti amigo. E noraboa, porque todo o que conseguistes neste Partido ten moito mérito, porque foi grazas ao teu traballo e ao teu esforzo. E sobre todo, porque nunca calastes a boca e sempre dis o que pensas, e sabes que iso soe ter un custo.
Ánimo, e a seguir traballando e loitando, e sabes que sempre estarei ao teu lado.
Fran escribiu:
Que máis se pode dicir, cando Tamara, Diego, Blas… xa dixeron todo canto se pode dicir?!
Que máis se pode escribir, cando nin as palabras serven xa para describir un pensamento e unha emoción?!
Noraboa e unha aperta inmensa.
Bernabé escribiu:
Saúdos Lage,
Noraboa polo teu cargo na EN!! Seguro que o farás tan ben como o estás a facer como parlamentario e como o fixeches cando as túas andainas por XSG!!
Grazas e apertas!!
Bernabé
rosana mariño escribiu:
Noraboa Lage, en Noia agradecemos o esforzo e estamos contigo.
Parabéns.