Vivendas protexidas. Ribeira 2000-2009 ?

Tódalas enquisas sobre os principais problemas que teñen os cidadáns apuntan á vivenda e ó acceso á mesma como un dos asuntos que máis preocupan. 

 vivendassociais

Si nos poñemos a falar cun grupo de mozos e mozas que estean a buscar emprego ou que o atoparan aínda que este sexa precario, o primeiro que manifestan é o seu interese por atopar unha vivenda onde comezar a construir o seu proxecto vital.

Por iso non dou quitado da cabeza o caso das vivendas sociais de Xarás-Ribeira. Un proxecto de 21 vivendas protexidas do cal se comezou a falar no ano 2000. Daquela os responsables do PP na Xunta e no concello de Ribeira visitaban a zona onde se ían a construir as citadas vivendas.

Nos anos sucesivos os mesmos responsables seguiron a vender fume e prometer a execución deste proxecto. Chegou o 2005(ano electoral) e adxudicaron o proxecto, poñendo Núñez Feijóo a primeira pedra. Naquel ano había 50 familias que querían optar a estas vivendas.

O ano pasado as 21 vivendas foron paralizadas na súa construcción xa que a empresa adxudicataria tivo problemas froito da baixa no proceso de adxudicación, co cal chegouse á rescisión do contrato, ou eso foi o que me transmitiu o Sr. Pino Director do IGVS a finais do ano 2006, en resposta a unha iniciativa que presentei no Parlamento de Galicia.

Agora estamos no ano 2007 e facendo un seguimento daquela actuación e das respostas obtidas fai uns meses, volvo a reclamar a presencia do Director do IGVS e dos responsables da Consellería de Vivenda a través dunha iniciativa parlamentaria para que nos expliquen as previsións existentes ó respecto da finalización de ditas vivendas.

Será o 2008 ? Será o 2009 o ano de finalización? o 2010? A min este tipo de situación parécenme unha burla á cidadanía. Paréceme unha falta de respecto ós administrados que dende o ano 2000 se lles diga que se van construir 21 vivendas e que esteamos no 2007 e non saibamos aínda para cando …. Alguén se imaxina que a unha empresa lle levara 9 anos facer 21 casas? 

E paréceme unha burla porque o acceso á vivenda é unha das principais inquietudes que ten a mocidade deste País, e paréceme sano que de cando en vez pensemos en voz alta e reflexionemos sobre o feito de que estamos en política para resolver estas cousas, as que realmente lle importan ós cidadáns, …. claro que si teñen que agardar 9 anos por unha vivenda … non me extraña que despois sexan incrédulos cando lles contamos algunhas cousas.

Quero que a política cambie, por cousas como estas, e  por outras moitas que non me gustan, e porque entendo que precisamos dar respostas ós problemas que realmente lle preocupan ós cidadáns.



4 comentarios para “Vivendas protexidas. Ribeira 2000-2009 ?”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>