Non pasa un día sen que teñamos noticias dalgún problema relacionado co urbanismo nunha vila,nun pobo nunha cidade. De fondo, chegan voces entorno á especulación, á cultura económica do ladrillo,… etc.
É moi raro que ó longo do día nas diferentes conversacións que manteño con amigos, compañeiros ou veciños que me atopo non xurda o tema do urbanismo. Por unha banda creo que existe un sentimento xeralizado a prol de que se implante a “tolerancia cero” no que se refire ós desmans na construcción que se produxeron nos últimos anos.
Nembergantes ó mesmo tempo que comezan a escoitarse voces moi variadas a prol da preservación do medio, a conservación do noso litoral… etc tamén me atopo con aqueles que siguen pensando que o ter unha leira é igual a ter un solar onde poder edificar, … e dá igual ter a leira nun sitio que noutro … existe a creencia de que unha cousa leva á outra …
Cando se fala de urbanismo, rápidamente nos vén á cabeza a necesidade de contar cunhas directrices de ordenación do territorio, que por certo, o goberno do PP en dezaseis anos non foi quen de facer … non sería por tempo digo eu.
Tamén falamos dos Plan Xerais de Ordenación Municipal, que definan como queremos que sexan os nosos pobos e cidades, como queremos desenvolvernos e cal é o modelo de habitabilidade e convivencia que desexamos para os vindeiros anos.
Creo que dende a Xunta se está traballando con intensidade para darlle racionalidade ó planeamento dos concellos e á ordenación do territorio. Precisamos combatir as negras sombras que ás veces se cernen sobre o desenvolvemento e a construcción. Será bó para o sector da construcción, será bó para os concellos, pero sobre sobre todo será bo para o conxunto dos cidadáns, que é o mesmo que decir para o noso patrimonio natural.



Esteban escribiu:
Sempre lembro un comentario dun profesor universitario catalán que coñecín nunha viaxe. Cando xurdiu a típica pregunta de ónde es e eu lle dixen que era galego, el comentou: ¡Ah, da terra da “autoconstrución”! Eu quedei como a cadros, pois nunca definiría a miña terra así; pero tamén, penso que ten, como se di por aquí, “tiña máis razón que un santo”.
Galicia está feita polas construtoras. Costa crer que fose ata non hai moito unha sociedade conservadora, porque o que se di conservar… non se conservou nada. Debe ser que no fondo da nosa alma, se esta existe, hai un arquitecto a punto de saír, porque é tomar as estradas e ver como “autoconstruímos” Galicia. Aínda así, nos quedan folgos para seguir dicindo: ¡Qué bonita é Galicia! E o é; pero o sería aínda máis se a coidaramos, se a quixeramos; non como patriotas, senón como persoas que imos de tránsito e que o que nós fagamos será o que leguen os que veñen detrás. E a arquitectura, de tódalas artes, é a que máis dura (aínda que supoño que coa calidade que se constrúe hoxe, isto en 100 anos todos calvos e asunto arranxado). Pero parece que non nos decatamos dese tempo, que obramos co cerebro posto no peto e á hora de analizar o urbanismo, o altisonante colócase en se tal actuación é legal ou non. ¡Pero qué coño me importa a min se é legal! O peor é que teño que soportala, que ver ese enxendro día si, día tamén.
Así que o que eu lle pediría á clase política, sería amor polo noso terruño; pero non deses amores que sempre rematan en hostias. Un amor dos bos, dos que se comparten.
lage escribiu:
Paréceme moi ben esa declaración de amor que lle pides ó conxunto da clase política ….
saúdos
andrés escribiu:
Chego á túa historia logo de publicar eu o mesmo día unha… de case o mesmo. Parecido alomenos. Sobre desenvolvemento e urbanismo. Reflexión que artellei en base ó ocorrido esta fin de semana… os atascos na Vía Ribeira-Padrón, pero estrapolables a Noia, non? e que é mostra do que ocorrerá no verán nas vilas da comarca do Barbanza.
Coa chegada de turistas ás nosas vilas no verán, os cidadáns das mesmas sufriremos o nulo dimensionamento das infraestruturas. Un crecemento no controlado, un ¿modelo? urbanístico inexistente, unha economía de ladrillo e plaia.
¿Canto tempo o Barbanza poderá vivir deste xeito? ¿Estamos predestinados a ser como Sanxenxo: pobos dormitorio para a xente de Compostela e demáis? ¿Cando nos decidiremos a cambiar o modelo? ¿Qué pode facer a Xunta si os Plans Urbanísticos dependen de cada concello?
WWW.AEDRU.ORG escribiu:
ver a nosa paxina web www.aedru.org sobre o urbanismo en Galicia
Francisco de la Fuente Alonso escribiu:
Eu non son un profesor universitario catalán, só son un galego titulado universitario que vive en Zaragoza, co corazón posto na súa terra; e tamén sigo pensando na autoconstrucción, tomada como tal, a que cada un fai o que dálle a gana, nun concello que permítelle basearse nesas ideas xunto coas do amiguismo.
Son afectado polo Proxecto de Seguridade Vial da Comarcal PO-308 Pontevedra-A Lanzada, no tramo entre o cruzamento de Pereiro e Chancelas, que xeralmente está sobresaturado cada día, canto máis en verán coa afluencia do turismo.
Cando en principio oín que saía a reforma de Seguridade Vial deste tramo, polo procedemento de urxencia, dixen para min: “xa era hora”; pero unha vez revisado o proxecto pensei: Cal é a seguridade vial que se pretende, e que a maior parte dos usuarios non teñen nin lido nin informado?. Maior foi a miña sorpresa cando tralas primeiras protestas da plataforma contra ese proxecto, aparece un reformado no que claramente se ve a quen se desafecta nas súas propiedades. Por este motivo uns cantos afectados estivemos loitando pola igualdade de trato, sen ser comprendidos por algúns usuarios e o que é peor aínda, que o concello de Poio apoie devandito proxecto pola cor político do mesmo e en beneficio dos de sempre.
Creo que vai sendo hora de que os cidadáns se dean conta de que un concello duns veintemil habitantes merece uns representantes locais cunha capacidade suficiente para que isto non ocorra e se absteñan de votar proxectos políticos, con muhos tratos de favor e no que a igualdade dos cidadáns se ignora, aínda que veñan de seu mesmo cor.
¡¡ Poieses, xa vai sendo hora de espertar e votar a un alcalde que saiba algo máis que descargar sacos de cemento!!.