Unha nova actuación no porto de O Freixo (Outes)

 Lage-Irisarri visitan as obras do Porto do Freixo-26-06-2006

A necesidade de impulsar o potencial económico e social que ten o Concello de Outes, fai que os socialistas traballemos para mellorar as nosas instalacións portuarias e a emprender novos proxectos que fagan do Freixo unha referencia dentro da ría de Muros e Noia. Deste xeito anunciamos unha serie de actuacións o pasado luns 26.

O Presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri e máis eu visitamos o Porto de O Freixo(Outes) para facer unha valoración do estado de execución das obras que está a realizar a Xunta de Galicia neste núcleo. Tamén aproveitamos para reunirnos coas entidades sociais directamente involucradas no Porto do Freixo, como son a Asociación de Mexilloeiros da Ría de Muros-Noia, a Confraría de Pescadores de Noia e a Asociación de Veciños “O Peirao” do Freixo.

Ditas entidades e dun xeito moi especial, a asociación de veciños, tiñanme manifestado a necesidade de impulsar a rehabilitación do muelle de O Doque, polo seu valor patrimonial, cultural e sentimental para o conxunto da poboación do Freixo (Outes). Aproveitamos esta visita para concertar con Vicente Irisarri a posibilidade de recuperar e rehabilitar esta parte do patrimonio portuario de Outes, para o cal emprendemos agora un camiño que non será fácil, e que seguramente será longo, co obxectivo de acadar dita recuperación e conservación.

 



5 comentarios para “Unha nova actuación no porto de O Freixo (Outes)”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>