Deixovos aquí unha das fotos realizadas por Xosé Fernández Maneiro (profesor do IES Campo de San Alberto-Noia) a fin de semana pasada dende a ladeira de Monte Louro (Muros).
Despois dunha cea frugal o pasado venres, compartimos algunhas horas de conversa e coñecín da súa afección pola fotografía. Quedou en remitirme unhas cuantas fotos e eu comprometínme a publicalas no blog … polo de agora aquí tendes unha foto das que máis me gusta. . .haberá máis, casi seguro.



Adrian escribiu:
Olá Jose Manuel,
É a primeira vez que poño un comentario no teu blog, inda que o leo a miúdo.
Gustaríame saber que pensas da polémica suscitada arredor das declaracións que fixo o Valedor do Pobo sobre o galego nunhas entrevistas.
Lin este artigo dun tal Xabier Pérez Igrexas, que é do BNG e que parece que ten certa resoancia mediática (o artigo apareceu en varios medios á vez), sobre o tema que me pareceu impresentable, e desleal tendo en conta que o BNG tamén apoiou o nomeamento.
Poñoche aquí o enlace para que o leas e o repliques como fas sempre: con argumentos e sentidiño.
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070803071841
Un saúdo dende Salcedo.
José Manuel Lage escribiu:
Ola Adrián, en primeiro lugar desculpa por non terche respostado antes. Quero decirche en primeiro lugar que non me pareceron nada afortunadas as declaracións do novo Valedor do Pobo. Nos vindeiros días colgarei unha anotación sobre este asunto.
Respecto do BNG decirche que coincido contigo en que son tan responsables coma nós do nomeamento. Entendo que non compartan as declaracións ó igual que tampouco nós as compartimos, claro iso non significa que non sigamos sendo responsables do seu nomeamento, todos, tanto o PP, como o BNG, como o PSdeG-PSOE.
Agardo poidamos seguir entablando un fluido diálogo sobre estas e outras cuestións que che resulten de interese.
un saúdo