Unha fermosa fotografía

SANY0141 

Aproveitando unhas hora libres na pasada fin de semana achegámonos ata Louro (Muros). A tarde pasou voando, aínda así poidemos saborear a boa cociña do restaurante que rexenta o amigo Angel Martínez, Restaurante-Camping A Vouga … debullar sonos camiñando pola area da praia de San Francisco  … sentir como a raiola do sol nos saudaba cos ollos ben abertos ó caron da auga … parar o mundo e ver como Monte Louro lle da a man ó Faro de Corrubedo …

 Cando íamos de regreso, Loli fixo unhas fermosas fotos no parque eólico de Paxareiras (Muros, Carnota, Mazaricos) cando o sol comezaba a poñerse, despedíndose cun amable sorriso.

Dende Paxareiras podense ver fermosas imaxes que fan de Galicia o mellor país do mundo.



4 comentarios para “Unha fermosa fotografía”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>