Un saúdo e moito camiño por andar

Un saúdo a todos vos, cos que comparto e compartirei a reflexión e o debate sobre o tempo no que nos tocou vivir, as inquedanzas que temos e as ideas para mellorar a sociedade actual.

Neste ano 2005 temos en Galicia o reto de facer posible un soño: Que o cambio en Galicia sexa unha realidade e poidamos afrontar o futuro inmediato con mellores políticas públicas, con maior próximidade ó cidadán e con máis e mellor democracia.

Anímovos a que participedes no debate social, a que me fagades saber das vosas inquedanzas, anceios ou dúbidas, a que compartamos reflexións e ideas.

Aquí estarei permanentemente para atender as vosas suxerencias, dúbidas, queixas ou aportacións, e tamén para darvos a miña opinión sobre todos aqueles asuntos que poidan resultar de interese para os cidadáns e para a sociedade.

Adiante, fagámos posible o Cambio.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>