Un domingo de fútbol co equipo femenino do C.D.BOIRO

Onte, tiven a oportunidade de participa combinado de xogadores se enfrontou ó destacado equipo do CD Boiro Femenino.

O acto estivo organizado polo Concello de Boiro co obxectivo de promocionar a participar da Muller no Deporte. Unha boa iniciativa que tivo a Dores Torrado (Concelleira delegada de Deporte) e ó departamento de Deportes do concello barbanzano pendentes ata do último detalle.


Un éxito de convocatoria, de participación e de “fair play”. E sobre todo, unha boa iniciativa para seguir promovendo a incorporación plena da muller a tódalas disciplinas deportivas. O CD Boiro Femenino deixou mostras sobre o campo da calidade do conxunto e de cada unha das súas compoñentes.

A participación do tridente Manuel Velo, Xosé Deira e Juan Jesús Ares foi un dos atractivos do encontro futbolístico que permitiu comprobar como goza de boa saúde o grupo de goberno do Concello de Boiro (icb;bng; PSdeG-PSOE). Para dar fé do mesmo acompañounos no “once” de saída Ramón (”Moncho”) Ares, Delegado de La Voz de Galicia no Barbanza, que foi situado polo entrenador (Romero) na parte esquerda do campo.

Entre os membros do combinado masculino atopábanse Ramón Hermo “Foelca” (coñecido empresario boirense), Gerardo Piñeiro (Concelleiro de Cultura de Boiro), Jesus Lojo Alcalde (Presidente do Centro Empresarial da Construcción do Barbanza), Agustín Pose (Presidente dos Mexilloeiros de Cabo de Cruz), Antón Riveiro Coello (Presidente da Asoc. Cultural Barbantia) ou Blas García Piñeiro (Secretario Comarcal do PSdeG-PSOE). Tivemos a ausencia do deputado do BNG, Bieito Lobeira, que tiña comprometida a súa presenza pero que finalmente non puido acudir.

Hai que destacar o gran xogo desplegado por Juan José Dieste, voceiro municipal do PP. Un auténtico puntal do equipo, sen o cal non tería sido posible a victoria. Gran técnica, colocación e chut, é un habitual dos encontros de futbol de Veteranos, e dou mostras sobradas da súa valía.

O resultado non foi moi xusto, xa que gañámos os do equipo masculino. 1-3, con goles de Alberte Piñeiro e J.M. Lage (2). As rapazas tiñan mellor preparación e gran técnica, ademais de amosar gran espíritu de loita sobre o terreo de xogo. Mereceron un mellor resultado.

Fotos



6 comentarios para “Un domingo de fútbol co equipo femenino do C.D.BOIRO”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>