
. . . . Izquierda Unida entrou hoxe no parlamento . . . pero non foi no hemiciclo senón na tribuna de invitados. O obxectivo conquerirono con creces, uns minutos de gloria colgados dunha pancarta e exixindo o cambio da lei electoral para eliminar a barreira do cinco por cento para poder obter representación parlamentaria.


Blas escribiu:
Vaia fallo de seguridade no Parlamento. Non xa pola pancarta, senón que debe de ser sospeitoso que se xunten tantos de Esquerda Unida.
José Manuel Lage escribiu:
O feito de que veñan xuntos uns 10 ou 15 membros dunha formación politica como Izquierda Unida non ten porque significar a priori problema de nigún tipo.
En descargo da presidenta do Parlamento, que tivo que ordenar o desaloxo, teño que decir que ela mesma dixo que estaban na tribuna de invitados por invitación dela mesma e que sentía o sucedido.
Lóxicamente sorprendeunos a tódolos deputados e deputadas o que sucedeu. Dende o feito que se puxeran a lanzar consignas e proclamas sobre a súa causa ata o despliegue da pancarta de grandes dimensións.
esther escribiu:
Pois tiveron sorte os de EU, non tiveron tanta sorte os da plataforma contra a variante de Noia que o dia que foron ao Parlamento ( en Maio) , despois de pasar a seguridade ordinaria foron conducidos a unha habitacion para desvestirse y sacar a camiseta co logotipo da sua platafoma.
Saudos
Noiés escribiu:
Evidentemente, os da plataforma contra a variante foron tratados coma delincuentes, una vergoña.
Noiés escribiu:
Continuando co anterior comentario, é triste que uns afectados pola variante sexan tratados dese xeito, e ós de IU nin sequera se lle quitou esa pancarta, que digo eu que se vería, non sei donde se podería agochar co tamaño que tiña. ¿Igualdade de tratamento? ja ja, eso brila pola súa ausencia. O dito, unha vergoña.
Xan escribiu:
O comentario de Blas non ten desperdicio:
“Debe ser sospeitoso que se xunten tantos de Esquerda Unida”
Sospietosas eran tamen as reunions de mais de tres na rua en tempos do Caudillo, tempos que adivino que non viveu.
¿ cal e a razon para que unha xuntanza de membros de Eu, PSOE ,PP, BNG ou FPG sexa sospeitosa? Sospeitosa de que? Si estaba invitados pola Presidenta, cal e o motivo de sospeita?
Quizas a pancarta, pero Blas di que a pancarta no era sospeitosa. Soamente a xuntaza? Sera tamen sospeitosa a xuntanza de miliantes de PSOE cando van invitados ao Parlamento, O nenos dos colegios que o visitan?
Respecto aos da variante o trato que se llers dou foi como delicuentes no cacheo na comisaria. Pero claro, eran sospietosos, como eran tantos
José Manuel Lage escribiu:
Tódalas opinións son respetables. As normas de seguridade no parlamento rixen para todos e todas. Non sei o que sucedeu co citado asunto pero en todo caso cónstame que o persoal do parlamento traballa de xeito correcto na maioría dos casos, sempre un pode equivocarse ou despistarse, nunca vexo que se actúe de mala fé. Tampouco quixera que os veciños de Noia que teñen estado no Pazo do Hórreo teñan un tratamento diferente ó resto dos cidadáns, estou seguro que esa é a norma pola que se rixe o persoal e a dirección do Parlamento.
Noiés escribiu:
Pos Lage, con tódolos respetos, xa ves que o trato non foi igual.