Traballando para mellorar a seguridade vial

 Escarabote

Hoxe visitei o núcleo de Escarabote (Boiro) acompañado de Juan Jesús Ares, portavoz municipal do PSdeG-PSOE e Concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Boiro para dar a coñecer unha boa noticia.

 Fai uns meses que comezamos a xestionar diante da Consellería de Política Territorial unha mellora da seguridade vial na travesía de Escarabote, un dos núcleos urbanos máis importantes de Boiro.

A pasada semana o Delegado Provincial da CPTOPT, Jacinto Parga, confirmounos a inclusión do proxecto nos orzamentos do 2007 destinados a eliminar puntos negros nos viais da Rede Autonómica de Estradas.

A actuación vén motivada por ser un TAC (Tramo de Concentración de Accidentes), e o obxectivo que perseguimos é reducir o risco para os peóns e evitar que se produzan sinistros, xa que nos últimos cinco anos este tramo da estrada AC-305 tivo unha alta siniestralidade.

Agardo que no primeiro semestre do 2007 se poida licitar a obra, que terá unha inversión de 1´5 millóns de euros.



2 comentarios para “Traballando para mellorar a seguridade vial”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>