Hoxe visitei o núcleo de Escarabote (Boiro) acompañado de Juan Jesús Ares, portavoz municipal do PSdeG-PSOE e Concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Boiro para dar a coñecer unha boa noticia.
Fai uns meses que comezamos a xestionar diante da Consellería de Política Territorial unha mellora da seguridade vial na travesía de Escarabote, un dos núcleos urbanos máis importantes de Boiro.
A pasada semana o Delegado Provincial da CPTOPT, Jacinto Parga, confirmounos a inclusión do proxecto nos orzamentos do 2007 destinados a eliminar puntos negros nos viais da Rede Autonómica de Estradas.
A actuación vén motivada por ser un TAC (Tramo de Concentración de Accidentes), e o obxectivo que perseguimos é reducir o risco para os peóns e evitar que se produzan sinistros, xa que nos últimos cinco anos este tramo da estrada AC-305 tivo unha alta siniestralidade.
Agardo que no primeiro semestre do 2007 se poida licitar a obra, que terá unha inversión de 1´5 millóns de euros.



Blas escribiu:
Xa vin a nova na Voz de Galicia. A verdade é que saiu moi ben e foi unha boa xestión a realizada coa Consellería. Ese tramo da estrada C-350 tiña moita necesidade de arranxarse.
Mirar nova
lage escribiu:
Agardo que se poida axilizar ó máximo esta actuación. O tramo de Escarabote precisa dunha actuación urxente.
Saúdos