Touriño comparece no Parlamento para falar dos incendios

 lume  

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño vai comparecer o vindeiro martes día 5 na primeira sesión ordinaria do parlamento de Galicia despois do período estival.

Non tódolos políticos son iguais e Touriño da a cara diante da cámara lexislativa á diferencia do que facía Manuel Fraga durante os seus anos de goberno.

 A vaga de incendios que asolou Galicia durante este verán é o suficientemente importante como para que o Presidente en primeira persoa explique a acción do executivo da Xunta e as medidas que se están tomando para formular unha nova política forestal e de ordenación do territorio.

É tamén o momento da unidade e non da división. Ó igual que non considero que en pleno ola de incendios o mellor sexa facer manifestacións tampouco creo que agora o mellor sexa botarse os trastos á cabeza uns os outros xa que o que a cidadanía percibiu non se resolve con acusacións e réplicas senón con medidas e accións ou con propostas que axuden a poñer o noso monte en valor.

Unha recomendación para ler aqueles que non tiverades oportunidade: a reportaxe de Nacho Mirás deste domingo de novo sobre os incendios, en La Voz de Galicia, podedes lela pinchando aquí.

 



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>