
Siempre me ha gustado el ciclismo y he disfrutado mucho siguiendo el Tour de Francia, la Vuelta a España o el Giro de Italia.
Que está sucediendo en el ciclismo profesional para que se viva una psicosis permanente?

Siempre me ha gustado el ciclismo y he disfrutado mucho siguiendo el Tour de Francia, la Vuelta a España o el Giro de Italia.
Que está sucediendo en el ciclismo profesional para que se viva una psicosis permanente?
breogain escribiu:
Pois a verdade, eu fixen ciclismo (de montaña) ao longo de moitos anos e adoitaba segui-lo tour de Francia no verán, foron aqueles anos de Perico Delgado e logo de Induráin,(por certo, teño unha foto con el no meu blog) pero agora, e supoño que como fai moita xente, xa non sigo as carreiras coma antes, a dopaxe principalmente foi o que rematou por mata-la afección a este noble deporte e como non atallen isto cedo,deixará de interesar a patrocinadores tamén e morrerá este deporte.
Un saúdo.
lage escribiu:
Breogain, entendo que a dopaxe está matando o ciclismo, pero o que non entendo é o porqué do momento… ou é que a dopaxe nace agora?
Hai algo máis detrás ou simplemente é a consecuencia de moitos máis anos de dopaxe? Digo isto porque a raiz do que ten dito Rijs ou outros ciclistas como Bugno, parece que cando algúns disfrutábamos con etapas míticas do Tour, supostamente xa se producía unha dopaxe considerable ….
Non sei … a verdade é que é unha pena
breogain escribiu:
Xa, supoño que a dopaxe non será cousa de hai dous ou tres anos, isto avanzou unha barbaridade, tanto nos que fan o delicto coma nos que o detectan, antes, cando Indurain e demais ao mellor non habia un control tan grande ou uns médios para detectalo tan desenrolados coma teñen agora, eu sigo pensando que Amstrogn estaba dopado, de Indurain xa teño as miñas dúbidas, penso que non.
un saúdo.
lage escribiu:
No 1987 e no 1988 recordo que houbo certa polémica con Stephen Roche e con Perico Degaldo. No caso do primeiro tivo menos eco xa que non foi cousa dun control, sí no caso do segundo, aínda que a polémica superouse nuns poucos dias ó obter con inmediatez os resultados da contraanálise.
A min o ciclismo gustábame máis na época de Pedro Delgado. Despois con Indurain pois xa foi doutra maneira … na época de Amstrong as sombras do doping están moi presentes … e cada día máis polas informacións que imos tendo, véxase o case do danés Bjarne Rijs.