Máis alá de que todos sabemos que os cidadáns non se levantan polas mañá pensando no Estatuto de Autonomía (recurso dialéctico fácil para tratar de rebaixar a importancia dunha Norma importante que afecta á vida diaria dos cidadáns), é importante que saibamos que nos estamos a xogar.
Atopábame esta mañá cunhas declaracións de Pedro Solbes, o vicepresidente do Goberno de España, nas que afirma que as inversións do Estado en infraestructuras nos territoiros deben “regularse de forma externa a los estatutos”, cuestionando a proposta que os socialistas galegos e máis as outras forzas políticas galegas teñen para a reforma do estatuto de autonomía de Galicia.
Cando se tramitaron os proxectos de estatuto de Cataluña e Andalucía non lle escoitei ó responsable do Ministerio de Economía decir nada. Pois, ou ben estaba trabucado antes ou ben o está agora. Xa que si as contas non cadran, o responsable é él que para iso é o Ministro de Economía e Facenda.
É hora tamén de incorporar ás Comunidades Autónomas ás decisións en política financieira, na corresponsabilidade fiscal e no artellamento dun sistema federal que permita o desenvolvemento e a cohesión.
Solbes, é un bo ministro dende o meu punto de vista, nembergantes penso que desta vez non estivo moi atinado.



matilde escribiu:
De todas maneras, hay que reconocer que su planteamiento es el único aceptable. Lo de incluir en un estatuto el porcentaje me parece una imprudencia. El único reproche que se le puede hacer a Solbes es no haberlo criticado en su momento.
andaime :: Enredados :: November :: 2006 escribiu:
[…] Da intervención de Xosé Manuel Lage, deputado do PSdeG e parlamentario galego pioneiro en saltar á bloguesfera, salientaría dúas cousas: unha, a oportunidade que afirmou ver na bitácora para enriquecer e discrepar sobre a liña ás veces demasiado estreita dos discursos oficiais dos partidos. Na mesma liña, paréceme que vai abrir outro bo camiño a imitar no seu prometido redeseño do blog para incluír tamén novas da súa propia actividade parlamentaria e as transcripcións das intervencións na Cámara. Mágoa que non sexa o propio Parlamento quen avance para ofrecerlles estas oportunidades a todos os deputados. Comments » […]