Co gallo do Día de Internet douse a coñecer onte en Compostela o Open Oficce en galego. O Conselleiro de Innovación da Xunta de Galicia presentou as novas aplicacións informáticos en software libre que se poderán descargar de balde dende hoxe mesmo, no portal de mancomun.org.
Hoxe aproveito unha vez máis para reivindicar a extensión da banda ancha ó conxunto do noso País. Sigue existindo moitos fogares de Galicia que están privados do acceso á Rede. É preciso que se traballe máis e mellor para que internet estea presente na vida de tódolos cidadáns.
Só recordar que aqueles estados onde a rede ten maior presencia coincide cos que teñen menores cotas de desemprego e mellores datos de actividade económica. Só é un apunte.

