Xa me teño referido a esta cuestión noutras anotacións recentes aínda que hoxe quero recomendarvos a lectura do artigo “los 15.000 euros de la discordia” de Xosé Luis Barreiro Rivas.
Penso que é clarificadora a explicación que proporciona o articulista, ademais de desterrar a idea de que se lle vaia a pagar un sobresueldo de 15.000 euros a aqueles que están afectados pola disposición incluida na reforma da Función Pública.
Neste asunto chamo a atención sobre a postura do BNG, xa que ó meu xuicio é unha postura impropia dunha organización seria (o que expresan depende do día, da semana e de quen fale) tendo ademais unha gran dosis de hipocresía (primeiro votan a favor e participan do acordo, agora din que o pensaron mellor….).
Recordo que primeiro os nacionalistas participaron do acordo no parlamento a través do seu voceiro e do seu ponente, Sres Aymerich Cano e González Mariñas, sen manifestar oposición algunha. Despois foi Encarna Otero, directora xeral de Vivenda (BNG) a que se desmarca da súa organización e do seu goberno. A comezo de setembro, Quintana deixa entrever no Hai Debate! da TVG a posibilidade de voltar atrás o acordo citado.
Unha semana despois é o Sr. Aymerich Cano, o que critica ó presidente Touriño e proclama urbi et orbe que o BNG vai promover a derogación da citada normativa a través da Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma.
…Para que ó final (de momento) teña que saír Anxo Quintana afirmando que a súa posición ó respecto “non é especialmente distante da do PSOE” e continuar dicindo que “Non temos intención de facer ningún cisma arredor dunha cuestión como ésta”.
Será ésta a posición final do BNG?
Esta reflexión sobre o tan traído e levado plus dos altos cargos non é incompatible con recoñecer un erro de orixe: non houbo claridade suficiente á hora de explicar este asunto fronte á falsedade continuada de falar de 15.000 euros.


Rosana escribiu:
Entre os altos cargos ( no e pequeno un aumento de 4.000 € a ano para toda a vida), vos o deputados que cobrades ao mes o que unha pesion minima ao ano, os Alcaldes que cobran o que lles peta ( sangrante o caso de Ferrol cunha suba dun 62%)
Non e xustificable por mas que queiras, que non.
Manuel escribiu:
El plus (sea de 15000, 4000 o 1€) es impopular no por que lo cobren los altos cargos en activo sinó que por su caracter vitalicio y sectario (solo funcionarios), nadie entiende que alguien que cesa de su cargo siga cobrando el complemento, pongamos el caso de Rasa Regás,el ministro la cesa porque en sus tres años al frente de la biblioteca nacional no hizo nada (según ella se lo dijo el ministro)bueno pues si es funcionaria seguirá cobrando el complemento de destino y por otra parte la postura del BNG es comprensible, una vez percibido el descontento sus bases buscan una solución que los desmarque de la medida y ahora la pelota está en el tejado del PSOE y PP que son los que tienen los votos suficientes para cambiar lo que sea posible.
Manuel escribiu:
No solo el nacionalismo se da cuenta de que la madida es impoopular
UGT-Galicia considera “inxusto” o complemento salarial dos altos cargos
[GZnación / Redacción / 24 Set 07]
O sindicato UGT-Galicia cualificou de “inxusto” o complemento salarial de 15.000 euros para os altos cargos da Administración recollido na reforma da Lei dá Función Pública, que entrou en vigor o pasado 17 de setembro.
O Consello Nacional da Federación de Servizos Públicos considerou, a través dun comunicado de prensa, que esta modificación é “inxusta” respecto ao resto dos empregados públicos xa que gratifica só aos altos cargos. Asemade, critica que o Goberno galego tomase unha decisión que, ao seu xuízo, deixa a moitos traballadores da Administración “cos seus minguados salarios e coas súas reclamacións nos xulgados”.
A UGT solicita á Xunta que aprobe un decreto para modificar a normativa e así evitar caer “en erros de fondo” á hora de reglamentar os diferentes articulados.
Benito escribiu:
El plus de los altos cargos, es una tomadura de pelo a los ciudadanos, mientras vivan con sueldos de 600 euros, o pensiones de 312 euros, es como volver a los tiempos del feudalismo, donde los señores cobraban el impuesto mientras el pueblo se moria de hambre, también pienso que solamente pensar que se quiera imponer un privilegio por ser funcionario, es pasarse la igualdad por el forro del c,., acoso quién contribuye mas al érario público, sinó los trabajadores que forjan su salario con la producción, y los asalaridos del Estado disfrutan del producto, que dió el trabajo y la forja de bienes.
Ya le manifeste al señor Turiño, que eso también es premiar a quién el pueblo en el ejercicio de su derecho despidió o no le otorgo su confianza.
La ley hecha de solapada debe derogarse, y jamás poner en prática dicho emulumento, la Constitución habla de igualdad, como entienden la igualdad?
Eu e Nós escribiu:
Na súa reflxión sobre o “plus”, ao Sr Barreiro parécelle moi dificil EXCLUIR DA CARREIRA ADMINISTRATIVA A XESTIÓN DOS ALTOS CARGOS.Será certo,serán moi bos xestores,non se dubida,pero por esa boa xestión terán un bo salario,(digo eu),cousa lóxica e xusta.
Tamén opina que A CALQUERA FUNCIONARIO SE LLE RETRIBÚEN TRIENIOS E QUINQUENIOS(eu chámolle anos de servicio).Tamén é certo,pero ese alto cargo está acumulando trienios e quinquenios,que se incrementarán á súa nómina de “funcionario de a pé” en canto volte ao seu posto(digo eu).
¿Serán eses trienios e quinquenios o famoso “plus”?
Podería ser,pero non.
Coido que esaxera o Sr. Barreiro cando pensa que os cidadáns os consideran banda de Alí Babá.A cidadanía sabe que non é certo,que eles non rouban,que llelos da o “estado”
Así que, a lectura deste artículo,aclaroume un pouco máis a miña opinión:
Mentras exercen de altos cargos deben cobrar por elo,que ben o merecen,por bos xestores e administradores ¡que carai!
Pero ao voltar aos seus traballos,sería lóxico que cobrasen segundo o seu posto,con trienios e quinquenios recoñecidos.
Ao mellor é que, como dixen antes,o “plus” refírese aos trienios,quinquenios e sexenios.