Sobre o plus dos altos cargos

Xa me teño referido a esta cuestión noutras anotacións recentes aínda que hoxe quero recomendarvos a lectura do artigo “los 15.000 euros de la discordia”  de Xosé Luis Barreiro Rivas.

Penso que é clarificadora a explicación que proporciona o articulista, ademais de desterrar a idea de que se lle vaia a pagar un sobresueldo de 15.000 euros a aqueles que están afectados pola disposición incluida na reforma da Función Pública.

Neste asunto chamo a atención sobre a postura do BNG, xa que ó meu xuicio é unha postura impropia dunha organización seria (o que expresan depende do día, da semana e de quen fale) tendo ademais unha gran dosis de hipocresía (primeiro votan a favor e participan do acordo, agora din que o pensaron mellor….).

Recordo que primeiro os nacionalistas participaron do acordo no parlamento a través do seu voceiro e do seu ponente, Sres Aymerich Cano e González Mariñas, sen manifestar oposición algunha. Despois foi Encarna Otero, directora xeral de Vivenda (BNG) a que se desmarca da súa organización e do seu goberno. A comezo de setembro, Quintana deixa entrever no Hai Debate! da TVG a posibilidade de voltar atrás o acordo citado.

Unha semana despois é o Sr. Aymerich Cano, o que critica ó presidente Touriño e proclama urbi et orbe que o BNG vai promover a derogación da citada normativa a través da Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma.

…Para que ó final (de momento) teña que saír Anxo Quintana afirmando que  a súa posición ó respecto “non é especialmente distante da do PSOE”  e continuar dicindo que “Non temos intención de facer ningún cisma arredor dunha cuestión como ésta”.

 Será  ésta a posición final do BNG?

Esta reflexión sobre o tan traído e levado plus dos altos cargos non é incompatible con recoñecer un erro de orixe: non houbo claridade suficiente á hora de explicar este asunto fronte á falsedade continuada de falar de 15.000 euros.



5 comentarios para “Sobre o plus dos altos cargos”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>