Fai máis dun ano que estiven no concerto de Silvia Penide no Pub Momo en Compostela. Agora recupero uns minutos daquela noite na que esta moza foi capaz de emocionarme coas letras das súas cancións.
Recoméndovos que se tendes oportunidade acudades a algún dos seus concertos, non será tempo perdido.
O vindeiro 25 de setembro sae á venta o seu novo traballo: “desafinante crónica”.

