Dende fai anos vimos reclamando que Noia dispoña dun centro comarcal que aglutine os servizos da Xunta que xa existen na actualidade e que se atopan dispersos en diferentes inmobles da vila. A dotación dun edificio de servizos facilitaría así as xestións que teñen que realizar os veciños do conxunto da comarca. Neste novo período de sesións presentamos unha iniciativa parlamentaria co obxecto de impulsar a construcción dun centro comarcal que centralice os servizos da Xunta de Galicia na bisbarra.
Pensamos que sería bo que unha serie de servizos da Xunta de Galicia que están dispersos, que se encontran en diferentes locais da vila de Noia, poidan estar centralizados nun único espacio que se convirta no centro comarcal da Xunta de Galicia en Noia.
Trátase de mellorar os servizos de atención ós cidadáns, e deste xeito facilitarlles as súas xestións diante da Xunta de Galicia. Cónstame do interese que ten o goberno municipal noiés en acadar este centro comarcal, o que traería consigo beneficios non só para a vila senón para o conxunto da bisbarra.
Dende o Grupo Parlamentario Socialista imos a seguir traballando para impulsar a creación do citado espazo e dotar a Noia dun edificio de servizos da Xunta de Galicia.


Manuel escribiu:
El apoyo del PSOE le evita a Quintana rendir cuentas sobre los contratos de las galescolas.
No se puede tirar la piedra y esconder la mano
http://jmlage.net/blog/a-cig-acusa-a-quintana-24-10-2007/
lage escribiu:
Ninguén tirou pedra ningunha e menos esconderse. A min o sistema de selección de persoal que ten o Consorcio non é o que máis me gusta pero iso non ten nada que ver co que propoñía o PP. Non se pode confundir, penso que as posicións están claras.
Saúdos
Xoan escribiu:
Cando se estrea a iluminaria da ponte nafonso? xa levan un tempo as farolas postas pero non encendidas