Servizos da Xunta en Noia

Dende fai anos vimos reclamando que Noia dispoña dun centro comarcal que aglutine os servizos da Xunta que xa existen na actualidade e que se atopan dispersos en diferentes inmobles da vila. A dotación dun edificio de servizos facilitaría así as xestións que teñen que realizar os veciños do conxunto da comarca. Neste novo período de sesións presentamos unha iniciativa parlamentaria co obxecto de impulsar a construcción dun centro comarcal que centralice os servizos da Xunta de Galicia na bisbarra.

Pensamos que sería bo que unha serie de servizos da Xunta de Galicia que están dispersos, que se encontran en diferentes locais da vila de Noia, poidan estar centralizados nun único espacio que se convirta no centro comarcal da Xunta de Galicia en Noia.

Trátase de mellorar os servizos de atención ós cidadáns, e deste xeito facilitarlles as súas xestións diante da Xunta de Galicia. Cónstame do interese que ten o goberno municipal noiés en acadar este centro comarcal, o que traería consigo beneficios non só para a vila senón para o conxunto da bisbarra.

Dende o Grupo Parlamentario Socialista imos a seguir traballando para impulsar a creación do citado espazo e dotar a Noia dun edificio de servizos da Xunta de Galicia.



3 comentarios para “Servizos da Xunta en Noia”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>