Segoléne Royal, a muller que gobernará Francia

 PRESIDENTIELLE-PS-ROYAL-2006-11-16

Dende fai algún tempo sigo os pasos de Segoléne Royal. Esta muller foi onte elixida polos militantes do Partido Socialista (PS) como candidata á presidencia da República de Francia.

Despois de máis dun mes de campaña de eleccións primarias, con debates públicos e televisados (situación que aquí aínda non temos vivido) e unha forte confrontación cos outros dous pre-candidatos, Laurent Fabius e Dominique Strauss-Khan, Royal obtivo onte o 60,62% dos votos nesta confrontación interna, o que despexa calquera dúbida sobre o forte respaldo das bases socialistas, erixíndose na primeira muller candidata do PS á presidencia.

Royal pode convertirse na primeira muller que presida Francia, e será un paso máis na plena normalización da vida política no tocante á participación e ó exercicio de responsabilidades por parte das mulleres.



5 comentarios para “Segoléne Royal, a muller que gobernará Francia”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>