Rodiezmo: subida das pensións mínimas e Guerra chamándolle ás cousas polo seu nome

 ZAPATERO-GUERRA

 Unha vez máis, o presidente Zapatero anunciaba unha nova medida de apoio ós máis débilies, a quen máis o necesita: a subida das pensións mínimas.

Galicia será unha das comunidades máis beneficiadas pola subida anunciada polo presidente do Goberno de España, xa que é un dos territorios do Estado no que residen máis persoas con prestacións baixas.

ZP facía este anuncio na festa socialista de Rodiezmo (León), e adiantaba que sería un incremento do doble do que suban as pensións para o 2007, cumplindo co prometido no programa electoral co que se presentou ás eleccións en marzo de 2004, e acadándose ó final da lexislatura unha subida en catro anos dun 25%, o que falara ben ás claras da diferencia entre un goberno do PSOE a un do PP.

Tamén na festa dos mineiros estivo Alfonso Guerra, e polo que hoxe podo ler nos xornais non deixou títere con cabeza, eso sí, decindo algunhas verdades como puños, entre outras: “…..solo la derecha quiere un estado residual, para que los grupos económicos pueden campar a sus anchas. La gente con menos medios necesita un estado fuerte. Un hombre progresista tiene que defender el Estado….” ou en referencia á incomprensible posición do PP sobre a participación de tropas españolas no Líbano, “Hay que ver lo alegre que se les puso el cuerpo para mandar soldados a una guerra y lo triste que se les pone para mandarlos a la paz en Líbano. Es que le gustan los tiros! “

O posición do PP ó respecto da misión de paz no Líbano é a mellor mostra de que non foron capaces de superar a súa derrota electoral, e que respiran pola ferida de tal xeito… que diante da votación no Congreso, aínda non saben o que van facer. Bo exemplo, do desconcerto no que vive o principal partido da oposición. Unha mágoa!



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>