|
![]()
No Parlamento de Galicia aprobamos esta semana unha proposición non de lei co obxectivo de mellorar as condicións socio-laborais do colectivo de Redeiras que hai no noso país. Como portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia-PSOE, defendin unha emenda para que se estude o recoñecemento de doenzas profesionais e a aplicación de coeficientes reductores ao colectivo co obxecto de facilitar un acceso digno á xubilación. Penso ademais que é necesario que dende as administracións públicas se busquen fórmulas destinadas a combater o intrusismo, uns dos factores que máis condicionan o futuro laboral destas profesionais xa que dificulta en gran medida o despegue económico deste sector. Tendo isto en conta, propuxemos solicitarlle ao Goberno do Estado a incorporación dentro dos obxectivos da Inspección de Traballo para o ano 2007 a este sector co fin de erradicar o intrusismo laboral e a precariedade. É fundamental comprometernos neste sentido. |
|
|
No pleno do Parlamento acordamos os tres grupos políticos traballar co fin de que se adopten medidas para a dignificación sociolaboral das redeiras galegas. Penso que é moi importante que se apliquen coeficientes reductores co obxecto de facilitarlle o acceso a unha xubilación digna a este colectivo de traballadoras. Na montaxe e na reparación das artes de pesca traballan en Galicia arredor dun milleiro de persoas, das que o setenta por cento son mulleres. Diante deste dato incotestable, defendín a homoxeneización da cualificación profesional e tributaria das redeiras, e nese sentido recordei que existía un compromiso público do Goberno de Galicia para facer xestións diante do Goberno do Estado. Tamén entendo que é moi necesario que a Xunta manteña os investimentos previstos no que se refire á construción de naves e infraestruturas para os colectivos de redeiras, despois de ter xa construido unha nave en Porto do Son e ter prevista a execución doutro para o porto de A Guarda. Cando vexo que o debate político o facemos xirar ó redor de problemas e necesidades dos traballadores do noso país, como é o caso, síntome ben, penso que o parlamento deste xeito se convirte no centro da vida política e serve para dar respostas ás demandas dos cidadáns. Para iso nos elixen e por iso entendo que a tarefa continua, con acertos e con erros |
|



Sebas escribiu:
Bo traballo. Noraboa
Outro tema:
Que a Presidenta gustelle moito o flamenco non a xustifica para montar a que montou hoxe no Parlamento. Estaba convencido de que estas maneiras eran propias de tempos pasados. En fin, a vista do de hoxe non sei porque se critivaban os gaiteiros do anterior Presidente da Xunta. Polo menos eran do Pais.
Saudos e ben
esther escribiu:
Menudo feston o do Parlamento. Eso non e xestionar ben os cartos de todos e que deberian ser para todos tamen.
Saleu a festa en mais de 113.000 € (+ de 1.500 por deputado) e o artista flamenco levou 10.000.
Demasiado gasto para un cumpleanos, coido que hai de abondo donde aproveitar esos cartos
matias escribiu:
A presidenta deberia ser mais prudente cando organiza actos coma este. Si o gasto xa e escandoloso, mais de 18 millons de pesetas, o feito de non respetar a Lei de simbolos de Galicia que di claramente que a musica do himno galego e a de Veiga e non outra pareceme pasarse da raia.
Parece mentira nunha muller como a Sra.Dolores que tantos anos de experiencia ten nestas cousas e que tanto criticou ao Goberno anterior polas suas “gaiteiradas”.
Todos sabemos do seu gusto polo flamenco e poido decir que o comparto, pero ata agora sempre paguei do meu bolsillo. Algo do que deberia tomar nota. Increible nunha muller coma ela, decepcionante.
Paz e ben
Olga Maceiras escribiu:
O espectulo foi “pintoresco”. Sorprendente nunha muller que durante anos criticou as gaiteiradas da Praza do Obradoiro. Sorprendente e grave tamen o “votar a casa pola fiestra” con un gasto incompresible ( perruqueria incluida) cando temos abondo onde emplealos ( preguntese aos afectados polas inundacions)
Aínda me parece moito mais grave a reacción da Sra. Villarino insultando ós que podemos facer unha crítica lexítima, sendo un cargo institucional da súa importancia;a unha crítica na que non se falta ó respeto se debe contestar con argumentos non con insultos.Creerse na posesión da razón e menospreciar e insultar ós que non teñen a túa visión de que é síntoma?
Blas escribiu:
Pois a min paréceme desproporcionada a saída de Aymerich. Ou é que no BNG a preocupación máis grande é se o himno se toca cunha guitarra??.
Por certo, aínda non escoitei a ninguén do BNG criticar por ter desfeito a Conse de Cultura o Ballet Rey de Viana, ou é que este non é tampouco galego??