“Si usted no cumple sus compromisos, le pondrán bombas, y si no se las ponen, es que ha cedido”, esta frase pronunciada por Mariano Rajoy o pasado luns dende a tribuna do Congreso dos Deputados é propia dun auténtico miserable.
Levo varios días reflexionando sobre a comparecencia de Zapatero para falar da ruptura da tregua de ETA co atentado da T-4 no aeroporto de Madrid-Barajas.
Zapatero recoñeceu os seus erros, fundamentalmente o que fai referencia á súa declaración do día anterior ó atentado, cando manifestaba optimismo sobre a fin do terrorismo no 2007.
Penso que a comparecencia de ZP no Congreso non foi deslumbrante pola súa dialéctica parlamentaria pero sí estivo ben no esforzo de chamada á unidade, indispensable, para afrontar un proceso dialogado de fin da violencia terrorista.
Rajoy, que é un brillante parlamentario, comportouse de xeito impresentable, confirmando así, que o único interese que ten, é destrozar ó goberno actual da maneira que sexa e no tema que sexa. Xoga tódalas súas cartas e o seu futuro político inmediato ó “cuanto peor, mejor”.
Penso que Rajoy e o PP buscaron no atentado do 30 de nadal un paralelismo co 11-M, en canto ó impacto social que éste produxo. Xa o fixeron este verán en Galicia tentando comparar a catástrofe do Prestige cos incendios forestais do mes de agosto.
O Partido Popular aínda non asumiu a súa derrota electoral no 14 de marzo e iso penso que seguirá sendo así ata que o pobo volva a falar nas urnas nas vindeiras eleccións xerais.


