
Fai uns días dende a Vicepresidencia de Anxo Quintana dicían que os nenos de 3 meses a 3 anos ían a aprender o himno galego nas galescolas. Unha barbaridade!!
A min recordoume moito esta afirmación a aquela de Quintana cando prometía que ían abrise os quirófanos dos nosos hospitales as 24 horas do día. Outra barbaridade!
Pois despois da machada dos quirófanos, agora o lider do BNG defende que o himno se ensinará nas galescolas …. ” e que os nenos sairán coñecendo o himno e sabendo quen é Castelao, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro”, según afirmaban dende o seu departamento esta semana.
Menos mal que a Consellería de Educación puxo cordura neste asunto. Primeiro os nenos terán que aprender a ler, escribir, a comprender …
Un pouco de sentidiño, por favor.


Eva escribiu:
A verdade é que sí semella unha barbaridade para calquera persoa co uso da razón. E unha mágoa que tantos esforzos como se están a facer para abrir Galicia se tenten de penchar con tolerías -que non teñen outro tinte máis que xenófobo e falto de intelixencia- como a que ultima que nos presenta Anxo Quintana.
lage escribiu:
Eva, a verdade é que se está traballando para cambiar o País, coincido contigo en que as saídas de pata de banco que está tendo Quintana non axudan en nada.
Saúde
MON CERVO escribiu:
Bueno despois de intentar galeguizar os nomes por caseque por decreto ley (agochado) ahora QUIN saenos con esta outra do himno galego. Eu penso que tratar de impor calquera cousa a forza non ten bo final. Si me parece que se lle pode ensinar o Himno Galego dentro do contexto xeral do ensino público, como o aprendimos os demais e ata poñelo como examen, pero nunca imposto. E estas saidas de ton do Sr. Quin e outros estan augando o traballo que se esta facendo entre os dous membros do goberno galego, como ti decias Lage, pero dende a mesura nas declaracións que se fan por que o que non é compatible e ser goberno pola mañá e a partir das 3 da tarde oposición.
Unha aperta
lage escribiu:
Ás veces amigo Mon xa non chega a cousa nin ás 3 da tarde … agardemos que todo quede nunha tormenta de verán xa que temos retos moi importantes que afrontar, e os cidadáns esperan de nós respostas non debates absurdos.
apertas