Decía Núñez Feijóo que o que tiñamos que facer os socialistas é ir ós tribunais, ó fiscal e a non sei cantos sitios máis … e presentar denuncia no caso de que coñeceramos algunha irregularidade no proxecto da cidade da cultura que se está a levantar no monte Gaiás en Compostela. Así xa non seríamos cómplices, según o lider do PP en Galicia.
Menuda provocación, todo porque Touriño lle pideu que asumira a súa responsabilidade como lider do PP á vista do informe de fiscalización do Consello de Contas sobre a Cidade da Cultura, e tamén polo caso do Grove, a utilización de persoas sen consentimento para formar parte das candidaturas do PP en Euskadi.
Recoñezo que este megaproxecto nunca me acabou de convencer, non só polo volume de inversión, eu penso que a prioridade no gasto público era outra (tamén no eido cultural), senón tamén pola falta de claridade nos contidos. Aínda recorda un dos meus primeiros plenos do parlamento no ano 2004 cando tomei posesión, e escoitei ó incalificable Jesús Pérez Varela falando da cidade da cultura sin definir absolutamente nada do proxecto museístico e cultural da obra a culminar no Gaiás.
Daquela pensei que a miña inexperiencia ou algo semellante sería a causa de que non entendera nada, agora o que penso daquel episodio nin se pode escribir (non quero faltarlle a ninguén), por vergonza imaxino …. iso sí, só se me ocorre o de:
Mans arriba, esto é un atraco!!!
Agora a decisión tomada polo goberno galego supoño que é a menos mala, tentar racionalizar este invento e sacarlle partido despois da súa faraónica concepción. A decisión recoñezo que non era fácil.
Na pasada fin de semana, o presidente Touriño anunciou o impulso á creación dunha comisión de investigación no parlamento co obxecto de coñecer como se xestionou o proxecto da Cidade da Cultura e poñer luz sobre este asunto, máis despois do informe do Consello de Contas no que se fai referencia a moitas sombras na xestión deste proxecto por parte dos gobernos de Fraga.
Dende o noso Grupo Parlamentario formalizaremos nas vindeiras horas a petición de creación dunha comisión de investigación. Espero que agora sí poidamos saber algo máis do que pasou coa cidade da Cultura e así tamén o PP de Núñez Feijóo poderá saber aquelo que di descoñecer.



Jorganes escribiu:
Eu conconrdo ca postura da plataforma “Cultura si, mausoleo non”: Débense anular os orzamentos destinados a Cidade da Cultura e destinar eses cartos a sanidade, educación e servicios sociais. Por outra banda débense responsabilizar todas as responsabilidades penais.
Non máis corrupción sen castigo!
Lage escribiu:
Ola Jorganes, o proxecto da cidade da cultura foi fiscalizado polo Consello de Contas no seu informe do ano 2004.
Fixéronse públicas determinadas informacións que aparecen recollidas no citado informe, eu pregúntome por qué non actúa de oficio a fiscalía?
O que se coñeza no parlamento e se saiba o que sucedeu non é malo, aínda que eu penso que o máis importante é o que pase de aquí en diante.
saúde
Lage » A Fiscalía do TSXG admite unha denuncia sobre a Cidade da Cultura escribiu:
[…] Que pasa coa cidade da Cultura ? […]
MON CERVO escribiu:
A verdade e que a Xustiza neste país deixa bastante que desexar e si contabilizamos todo o estado español apaga e vamonos.
E a fiscalia non actua neste caso por que o control deste organo de seguro que esta controlado por xente designada ou afin o PP. Así de claro. E eu preguntome ¿Para cando poderemos ter unha xustiza realmente independente e que non se deixe influenciar polos politicosa de turno?
Eu sufrín algo parecido e por culpa da xustiza e dun inspector de traballo amancebado no poder. E pola sua culpa case vou o carcere ainda que o final sain absolto, eso si estuven 20 meses de baixa por depresión .
Por eso eu me remito a unha frase que o director da miña compañia de teatro puxo nunha obra “A HISTORIA CONTARÁ A VERDADE.resposta A HISTORIA A DE CONTAR DEPENDENDO QUEN A ESCRIBA.
uN SAUDO
lage escribiu:
A historia é importante, pero máis importante é que cando un vive a súa historia non sufra as inxustizas da xustiza.
Non che parece?