Protección para o Dolmen de Axeitos (Ribeira)

Dolmen de Axeitos

Fai meses que aparecía unha pintada no Dolmen de Axeitos, no concello de Ribeira, un acto vandálico que ó meu xuizo poñía de manifesto a pouca vixiancia existente no que respecta ao patrimonio megalítico.

Veño de presentar unha iniciativa parlamentaria interesándome pola situación na que se atopa este dolmen, un dos vestixios máis visitados na comarca do Barbanza, pedíndolle á Consellería de Cultura información ó respecto das medidas ou accións que tomou para facer fronte a este tipo de sucesos.

Penso que é preciso poñer en valor o noso patrimonio arqueolóxico. Para iso sería bo combinar as accións de protección do noso patrimonio cun axeitado traballo de promoción e divulgación.

Todo o patrimonio megalítico da comarca do Barbanza debería integrarse con máis forza nos programas de promoción turística xunto cos recursos naturais existentes.

Isto ó meu xuizo axudaría a consolidar unha oferta turística de calidade que podería atraer un espectro máis amplo de visitantes, a través da riqueza patrimonial, natural e cultural.

 



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>