Catro anos despois do afundimento do buque Prestige a sociedade galega sigue tendo moi presente a neglixente actuación dos poderes públicos durante a catástrofe ambiental e económica que sufrimos no 2002.
Dende ese ano ata hoxe, temos avanzado en medios, dispositivos, recursos e protocolos de actuación pero iso non debe de facer que baixemos a guardia, xa que hai reivindicacións que siguen pendentes de concretarse.
A pasada semana o PSdeG e o BNG acordamos no parlamento de Galicia, co apoio do PP, unha proposición non de lei solicitando un buque anticontaminación que teña porto base en Galicia. Alegroume moito que o PP apoiara as nosas propostas.
Na pasada semana o Consello da Xunta que preside Emilio Pérez Touriño dou luz verde ó Plan Territorial de Contixencias por contaminación mariña, sendo esta medida unha vella demanda da sociedade galega, e que estivo moi presente durante a catástrofe do Prestige. Daquela non contabamos cun protocolo de actuación, non estaba clara a cadea de mando, e ademais algúns fóronse de caza.
Penso que o Prestige supuxo un punto de inflexión na concienciación ambiental pero tamén na exixencia de responsabilidades ós políticos, a partir daquí a ningún responsable político se lle pasará pola cabeza irse de caza ou de paseo e deixar o país sen dirección.
Sabendo que non existe o “risco cero”, direi que estamos mellor preparados, que queda tarefa por facer e que non debemos baixar a guardia.



Esther escribiu:
“Daquela non contabamos cun protocolo de actuación, non estaba clara a cadea de mando”
E agora si, sabemos que o que manda sera o/a Conselleiro/a da Presidencia. Naa mais, non temos nada mais en 4 anos
Pero ¿ os medios? ¿ O porto refuxio?
Non sei como se pode declarar alegremente que o PSOE+BNG, co apoio do PP, solicitaron un buque anticontaminacion………a ¡¡¡¡¡¡¡¡SEMANA PASADA!!!!!
Menudo progeso, catro anos despois o unico que temos claro e a cadea de mando.