Prestige, catro anos despois

 

 Prestige

Catro anos despois do afundimento do buque Prestige a sociedade galega sigue tendo moi presente a neglixente actuación dos poderes públicos durante a catástrofe ambiental e económica que sufrimos no 2002.

Dende ese ano ata hoxe, temos avanzado en medios, dispositivos, recursos e protocolos de actuación pero iso non debe de facer que baixemos a guardia, xa que hai reivindicacións que siguen pendentes de concretarse.

A pasada semana o PSdeG e o BNG acordamos no parlamento de Galicia, co apoio do PP, unha proposición non de lei solicitando un buque anticontaminación que teña porto base en Galicia. Alegroume moito que o PP apoiara as nosas propostas.

Na pasada semana o Consello da Xunta que preside Emilio Pérez Touriño dou luz verde ó Plan Territorial de Contixencias por contaminación mariña, sendo esta medida unha vella demanda da sociedade galega, e que estivo moi presente durante a catástrofe do Prestige. Daquela non contabamos cun protocolo de actuación, non estaba clara a cadea de mando, e ademais algúns fóronse de caza.

Penso que o Prestige supuxo un punto de inflexión na concienciación ambiental pero tamén na exixencia de responsabilidades ós políticos, a partir daquí a ningún responsable político se lle pasará pola cabeza irse de caza ou de paseo e deixar o país sen dirección.

Sabendo que non existe o “risco cero”, direi que estamos mellor preparados, que queda tarefa por facer e que non debemos baixar a guardia.



Un comentario para “Prestige, catro anos despois”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>