Non me da chegado o día para poder coñecer a este neno. Polo de agora terei que conformarme con ter esta foto.
Os amigos e amigas xa van tendo descendencia, facémonos maiores … e canta ilusión nos fai recibir a un novo Xaime nas nosas vidas, como dicía onte unha persoa a que quero moito.
Moi agradecido ó pai, que tivo a ben atender a miña petición, e remiteume esta fotografía do pequeno Xaime.



Marcus escribiu:
Ooooooh, grazas por publicar a foto. Xa temos probas de que os xens de Xaime permanecerán no mundo durante outra xeración.
Ah, e noraboa pola exclusiva, porque Xaime aínda non puxo ningunha foto no seu blog
Enrique Castro. escribiu:
Moi riquiño…enhoraboa aos pais.
Unha aperta
JR2C escribiu:
Oes Lage…
Que che está saindo un instinto paternal que uyuyuyuy!!!
lage escribiu:
É unha ricura de neno …. respecto do instinto paternal …. pois home …cada cousa ó seu tempo… non che parece