Non é de coña, é unha realidade. Foi esta fin de semana en Arousa cando Pradolongo superou a Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal, o film de Steven Spielberg.
Unha gran noticia, sober todo se temos en conta as diferencias multimillonarias entre os orzamentos dunha e doutra producción.
Pradolongo está a ser moi traballada dende o punto de vista da promoción. Tanto Ignacio Vilar como os tres protagonistas da película están a percorrer cada recuncho de Galicia para difundir a obra e achegala a todo tipo de colectivos sociais e centros educativos e xuvenís, e en Arousa tiveron a súa recompensa. Unha gran acollida que vén a corroborar o bo comportamento que está a ter Pradolongo nas salas comerciais de Galicia.
Por certo, seguimos sin ter a posibilidade de ver Pradolongo nas salas comerciais da capital de Galicia!!!

