Pradolongo

Recoméndovos que vaiades ver “Pradolongo”, unha película galega para amosar ó mundo.
Tiven a sorte de asistir á súa estrea en Valdeorras, no concello de A Rúa, e desde o primeiro momento engancheime á historia que conta, ás sensacións, ó ceo que debuxa … foi facer sendeirismo paseniño … foi abrir unha fiestra e que o ar enchera de flores os verdes prados en primavera ….

A semana pasada o Director de Pradolongo, Ignacio Vilar e máis os tres protagonistas da longametraxe (Rubén Ríos, Tamara Canosa e Roberto Porto) fixeron a presentación-promoción da película no Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. Levan xa máis dun mes promocionando a película polos institutos, asociación da terceira idade, colectivos veciñais, centros socio-culturais, etc

A verdade é que me fixo ilusión que viñesen ó Parlamento e tamén ver como Tamara decía en voz alta e clara que en Santiago de Compostela, na capital de Galicia non era posible ver Pradolongo nos cines comerciais. Reivindicou un espazo propio para os productos cinematográficos galegos, reivindicou o seu espazo pero estaba reivindicando o de todos e todas, nin máis nin menos.

Si unha película como Pradolongo, cun importante éxito de taquilla na Coruña, Vigo, Ourense ou Narón-Ferrol, non ten oco nos cines de Compostela, que será doutros productos que non teñan tanta sorte ou non alcancen o mesmo nivel de éxito?

Aínda podedes ver a película en varias cidades de Galicia, non vos deixará indiferentes.

Noraboa a todas e todos os que fixechedes posible Pradolongo!!!



2 comentarios para “Pradolongo”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>