Acaba de aprobarse unha proposción non de lei que presentamos Xaquin Fernández Leiceaga e máis eu co obxecto de que se elabore un estudio que permita coñecer as verdadeiras causas da mortandade do marisco nas nosas rías, de xeito significativo en Muros-Noia e Arousa.
Tamén pedíamos que se faga unha labor de mediación por parte do goberno galego coas empresas que xestionan os embalses para coordinar a través dun protocolo a apertura extraordinaria das comportas, e evitar deste xeito posibles actuacións que poidan perxudicar ó sector marisqueiro.
O marisqueo é unha actividade económica moi relevante en varias comarcas galegas, de xeito moi especial na de Noia, e a fonda preocupación dos mariscadores e mariscadoras fixo que presentaramos esta iniciativa no Pleno do Parlamento de Galicia.
Foi aprobada por unanimidade esta proposta.

