Hoxe comparece a Conselleira de Política Territorial, Mª José Caride, no pleno do parlamento de Galicia para presentar o Plan de Seguridade Vial de Galicia.
Este plan responde a un compromiso do Presidente da Xunta, recollido entre os obxectivos do programa electoral dos socialistas nas pasadas eleccións autonómicas de xuño do 2005 e que foi incluido no acordo de goberno asinado entre o PSdeG-PSOE e o BNG.
Este Plan contará cunha inversión aproximada de 2.800 millóns de euros e terá unha vixencia de catro anos (2007-2010).
O goberno galego da resposta deste xeito a unha demanda cidadá constante: a necesidade de eliminar os puntos negros nas nosas estradas, reducir a mortandade por accidente de tráfico, e incorporar educación e formación viaria á vida dos usuarios .
Decía “por fin” ó comezo desta anotación, xa que despois de moitos anos falando da necesidade que tiñamos de contar cun plan de seguridade vial, agora sí, e da man dun goberno presidido por Touriño (PSdeG-PSOE), os galegos e galegas veremos como se pasa das promesas ós feitos.



isabel escribiu:
Para comprobar que as iniciativas de seguridade viaria adoptadas por este goberno serven para algo, tan só hai que observar as estadísticas: as mortes na estrada na ponte da Constitución reducíronse un 75%.
Oxalá este novo paquete de medidas que o goberno galego vai adoptar o vindeiro ano sirva para reducir o número de mortes e accidentes durante todo ano. O máis importante é mellorar as condicións de movilidade, pero en segudo lugar, reducir as necesidades de desprazamentos en coche particular.
Blas escribiu:
Que oficialista che vexo. Moi ben!!.
jose manuel lage escribiu:
Coincido contigo Isabel, é importante mellorar a mobilidade. Agardo que as medidas recollidas no plan teñan un resultado positivo.
saúdos
jose manuel lage escribiu:
Blas …. supoño que será algunha das túas bromas. Só decir que o compromiso que tiñamos os socialistas plásmase agora nun Plan que era moi necesario e unha demanda de moitos cidadáns.
Entre 2007 e 2010 terá que facerse un gran esforzo para reducir a siniestralidade nas nosas estradas e mellorar a formación vial.
Julio (jandrescm) escribiu:
Está moi claro que un Plan de Seguridade Viaria é moi necesario, necesitamos reducir a sinistralidade nas nosas estradas, pero por suposto non temos que esquecernos de que para un bo crecemento dun pais necesitamos unha infraestrutura viaria adecuada e por suposto en bo estado.
Paréceme relevante recalcar que neste Plan intégranse outras Consellerías, como por exemplo a de Sanidade, Educación, Traballo, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que podemos observar un goberno que traballa unido, coordinado para traballar na mellora da calidade de vida dos cidadáns.
Manuel Martínez escribiu:
A primeira seguridade son as autovías a do Barbanza.
¿CANDO COMEZA?
Un abrazo
Blas escribiu:
Coincido con Manolo coa necesidade da Autovía do Barbanza. E as obras destas xa comenzaron en distintos puntos, alomenos desde Boiro a Padrón que é o tramo que recorro diariamente.
O importante e que se cumplan os prazos de execución.
Encarnacion escribiu:
Lamento tener que expresarme en Castellano aun malamente dada mi edad y los pocos estudios que he tenido, pero de todos modos voy ha dar mi opinión.
Carreteras si pero hay que hacerlas cón sentido y no pán para hoy y hambre para mañana, que eso es lo que se ha estado haciendo en muchas de Galicia y no solo en carreteras sino también en pistas del rural, por lo menos ahora haber si es posible arreglar un poco lo que se hizo mal durante 16 años, y cuidado no se hizo solo mal en carreteras, que aun queda mucho que aclarar que se hizo mal.