Por fin, imos ter un plan de seguridade vial

 seguridade vial

 

Hoxe comparece a Conselleira de Política Territorial, Mª José Caride, no pleno do parlamento de Galicia para presentar o Plan de Seguridade Vial de Galicia.

Este plan responde a un compromiso do Presidente da Xunta, recollido entre os obxectivos do programa electoral dos socialistas nas pasadas eleccións autonómicas de xuño do 2005 e que foi incluido no acordo de goberno asinado entre o PSdeG-PSOE  e o BNG.

Este Plan contará cunha inversión aproximada de 2.800 millóns de euros e terá unha vixencia de catro anos (2007-2010).

O goberno galego da resposta deste xeito a unha demanda cidadá constante: a necesidade de eliminar os puntos negros nas nosas estradas, reducir a mortandade por accidente de tráfico, e incorporar educación e formación viaria á vida dos usuarios .

Decía “por fin” ó comezo desta anotación, xa que despois de moitos anos falando da necesidade que tiñamos de contar cun plan de seguridade vial, agora sí, e da man dun goberno presidido por Touriño (PSdeG-PSOE), os galegos e galegas veremos como se pasa das promesas ós feitos.



8 comentarios para “Por fin, imos ter un plan de seguridade vial”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>