O pasado 6 de febreiro nunha anotación neste espacio expresaba a miña posición e a do PSdeG-PSOE ó respecto do desenvolvemento do sector acuícola en Galicia. Algúns internautas apuntaron onte contradiccións entre o meu post e a anotación que escribía o meu compañeiro e amigo, Iván Puentes.
Comezarei por facer catro aclaracións fundamentais referidas ás posibles novas localizacións para a instalación de piscifactorías e concretamente sobre aqueles que teñen manifestado gran preocupación pola paraxe natural de Ponzos-Covas en Ferrol.
Primeiro, Ponzos está a salvo.
En segundo lugar, Ponzos non precisa ningunha chamada de socorro en relación coa acuicultura, a Xunta de Galicia non o contempla como ubicación.
En terceiro lugar, a Xunta que preside Touriño non contemplou nunca ningún humidal como nova localización para piscifactorías.
E finalmente, dicir que, polo de agora non se publicou o proxecto de Plan Galego de Acuicultura (técnicamente falamos do Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria), polo tanto non saiu a exposición pública e ata onde eu sei a paraxe de Ponzos non está contemplada nas novas localizacións aptas para a ubicación de novas piscifactorías.
Paréceme moi interesante que xurdan iniciativas que teñen por obxecto defender o noso patrimonio e o noso litoral como pode ser o caso de Salvar Ponzos, aínda que neste caso debedes saber do compromiso do Partido Socialista na protección do litoral, na mesma dirección que apuntan neste blog.
Na páxina de Salvar Ponzos pódense atopar anotacións nas que se transmite certa preocupación pola actuación da Xunta e as que procurarei contestar de maneira breve:
/…Outra ameaza a unha área húmida en Galicia é o da piscifactoría proxectada para o contorno da praia de Ponzos, na parroquia ferrolá de Cobas, un espazo húmido de gran valor ecolóxico e protexido pola rede europea Natura. Despois de publicarse o primeiro avance do que será o novo Plan Galego de Acuicultura, grupos ecoloxistas de Ferrolterra xa advertiron de que se introduciran localizacións protexidas entre os espazos destinados ás granxas piscícolas. Un deles é ese contorno de Ponzos, un treito de costa de vizosa biodiversidade./
Non se publicou ningún borrador do Plan Galego de Acuicultura. Se todo discurre con normalidade debería sair publicado entre marzo e abril para a fase de exposición pública.
/…Ahora, La Xunta de Galicia planea la mayor piscifactoría de rodaballo de Galicia sobre los humedales y la playa de Ponzos (…) Realmente la ceguera de los políticos ante la destrucción de nuestra costa no deja de sorprendernos. Vivimos en un país que devora su litoral a un ritmo brutal, que ha urbanizado en los últimos 30 años la gran mayoría de sus playas y entorno costero, y así seguimos…/
A Xunta busca novas localizacións e as empresas ven si algunha lle pode resultar viable para desenvolver o seu proxecto empresarial. O goberno que preside Emilio Pérez Touriño non ten pensado introducir no Plan citado ningunha localización que estea nunha zona protexida.
Feitas estas dúas aclaracións, gustaríame compartir cos amigos e amigas de Ferrolterra preocupados polo medio ambiente a necesidade de que incrementemos o esforzo individual e colectivo por trasladar a internet, iniciativas dirixidas a protexer o noso patrimonio natural ou a combatir o cambio climático. Todo o esforzo será pouco na procura dun mundo mellor.



ivanpuentes.com » Ponzos S.O.S. escribiu:
[…] Lage, quen ademais de amigo e blogueiro é o voceiro de pesca do PSdeG no Parlamento de Galicia, escribiu unha anotación no seu blog na que deixa clara a decisión da Consellería de Pesca de non incluír ningún espazo protexido, e polo tanto tampouco Ponzos, no Plano Galego de Acuicultura. […]
José Manuel Lage escribiu:
Iván, agradezo as túas palabras e sabes que comparto contigo o compromiso na defensa do patrimonio natural e o desenvolvemento sostible.
É un pracer e forma parte do traballo tentar respostar a aquelas inquedanzas que formule calquera colectivo ou calquera cidadán.
Agardo que con este post axudara a clarexar a situación na que se atopa a formulación do novo Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria.
Esther escribiu:
Conozo Ponzos dende hai mais de 20 anos. Pareceme ben que se protexa este espazo.
Feliz dia de San Valentin aos dous.Que bonito e o amor e notase que que estades moi namorados.
Paula escribiu:
Necesito resolver unha duda,bueno “unha” é un dicir porque estou moi perdida no tema.A cuestión é con respecto á nova lei de protección do litoral.Estiven recompilando toda a información que se pode manexar ata o de agora,e sei que mentres non saia aprobado o proxecto de lei polo Parlamento non se poderá falar con propiedade do tema,pero ainda así é posible que me poida axudar,posto que o que necesito saber é si a lei afectará a suelo calificado como rural de nivel 1 situado dentro dos 500 metros,sabendo que a finca está situada en Boiro.Agradeceríalle que me enviase o seu parecer.Un saúdo e gracias por atender a miña petición.
pangalaico escribiu:
Ten que doer:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=135440
LuisG escribiu:
Esta ben que se conserven as nosas costas que son patrimonio de todolos galegos.
Espero que este bo traballo que se realizou en Ponzos, sexa igual de ben intencionado e enerxico para salvar outro paraxe a conservar en Porto do Son.
Numeros veciños xa manifestaron a sua oposicion. Hai que darlles unha resposta. Alo menos si nos interesamos por Ponzos que esta en Ferrol como non facelo por Porto do Son que esta preto da terra que nos viu nacer.
High liver enzymes zoloft. escribiu:
Zoloft….
Zoloft. What is zoloft. Tics and zoloft in adults. Zoloft side effects. Fentanyl and zoloft….