Pontenafonso,recuperación integral do noso patrimonio

 pontenafonso

Esta semana presentábamos públicamente unha iniciativa parlamentaria co obxecto de impulsar a recuperación integral de Pontenafonso (Noia-Outes), peza destacada do patrimonio histórico-artístico de Galicia.

A ponte denominada Pontenafonso, foi construída probablemente durante o reinado de Afonso XI, no século XIV ou quizais na época de D. Alonso Fonseca I, no s. XV. Durante séculos constituiu cos seus 20 arcos de perfil oxival e 270 m. de longo un punto de primordial importancia nas vías de comunicación de Galicia ata a construcción da moderna ponte de Ceilán.

Nesta iniciativa parlamentaria destacamos que o mantemento e coidado do noso patrimonio histórico e cultural debe formar parte das accións da Xunta de Galicia en cooperación con outras institucións ou entidades e debe á súa vez servir para poñer en valor aquelas edificacións ou monumentos que forman parte da historia colectiva do noso país.

Na actualidade a Pontenafonso está sufrindo un serio deterioro, acentuado polas actuacións en materia de estradas levadas a cabo polos anteriores gobernos da Xunta de Galicia.

Entendemos que é preciso mellorar a seguridade desta ponte e actuar sobre o firme da calzada que cubre a citada infraestructura así como proceder á limpeza e conservación integral da mesma.

Os socialistas galegos consideramos que debe ser unha prioridade a mellora do estado deste tipo de edificacións, e a súa conservación debe de ser contemplada dentro dos plans ou actuacións que a Xunta de Galicia realiza no referente á conservación do patrimonio histórico-artístico.



Un comentario para “Pontenafonso,recuperación integral do noso patrimonio”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>